A Marea Atlántica por fin apoia ós okupas da Insumisa

Costoulles casi 3 anos, pero despois de centos de cagadas e de traizoar cobardemente todas as súas promesas electorais, por fin  atoparon a vergoña que semellaba que perderan (supoñendo que algunha vez a tivesen) e non dubidaron en pegar na fachada do seu local 3 cartaces en apoio o CSO A Insumisa, cun lema que non deixa lugar a dúbidas: “A Insumisa non se merca”. Non satisfeitos con tan noble acto, tamén pegaron un cartaz do compañeiro libertario Santiago Maldonado, asasinado no estado arxentino por defender á comunidade mapuche dos expolios da multinacional Benetton: “United Killers of Benetton”. Xa por todos era coñecido o gran compromiso que ten o noso alcalde, Xulio Ferreiro, en combatir os abusos das multinacionais. Non hai máis que lembrar o Congreso da Confederación Española de los Directivos que se celebrou na nosa cidade o 6 de outubro do 2015, coa participación de Pablo Isla, Carlos Slim, César Alierta e o rei Felipe VI.

Dende este humilde blog queremos amosar a o noso agradecimento a tan fermoso xesto e recordarlles que se algún desaprensivo lles arranca os cartaces, non dubiden en solicitar outros máis.

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.