Madeira Atlántica multa a 15 manteiros

Xa paso da retranca, do sarcasmo e de ostias. Isto é indignante! Nas últimas semanas o alcalde Xulio Ferreiro aprobou outras 15 sancións a manteiros. En febreiro xa se fixo público que puxeran unha multa a un manteiro de 1500€ e a Marea dixo: “levamos tempo traballando nesta cuestión” e “esperamos poder anunciar cambios e melloras en breve”. Pasaron 11 meses máis e o problema no canto de mellorarse non deixa de empeorar, algo que doutra banda a ninguén pode estrañar, todos lembramos as persecucións da policía da gran “activista” Ada Colau contra os manteiros en Barcelona.

Que o faga Xulio a ninguén estraña. Todos sabemos a completa falta de empatía de Xulio coas problemáticas sociais e o seu total desprezo cara aos movementos sociais que as combatemos, desprezo que só tenta disimular e sen moita énfase, ante a prensa, pero que non dubida en recoñecer á xente da súa contorna en canto apáganse os micros (a cidade é moi pequena don Xulio).

Máis indignante é o caso de Rocío Fraga, responsable por partida dobre, xa que, como concelleira de Igualdade a súa misión é combater a exclusión social destes manteros e, ademais, como responsable de Seguridade é a principal responsable da aplicación destas sancións. Tantos anos de postureo nos movementos sociais indo a moitísimas manifestacións de apoio aos sen papeis e xa vemos o que fai cando é ela a que manda. Claro que se pilla antes a unha posturitas que a un collo, en todas as organizacións nas que militou os compañeiros viron que era unha trepa e unha aproveitada.

Estou ata os collóns/ovarios desta bazofia que só está en política para encherse os petos e encher a súa sede de poder. Estou ata os collóns/ovarios da merda dos seus palmeiros que non só xustifican un goberno municipal tan malo ou mesmo peor que o PP de Negreira, senón que encima recorren ao desprezo cara aos que non nos vendemos e seguimos a pé de rúa defendendo os nosos ideais, sen máis premio que as multas e os porrazos dos madeiros dirixidos por estes merdas. Algúns parece que viron a luz da noite para a mañá e descubriron que era máis factible cambiar as cousas desde dentro das institucións que desde fóra, e tiñan razón, se o teu obxectivo é mellorar o saldo da túa conta corrente canto máis che metas nas institucións moito mellor.

Que vos quede claro mareantes, xa sexades concelleiros, asesores, persoal de confianza ou palmeiros acríticos, sodes unha panda de traidores e senvergoñas que merecedes aínda máis desprezo que os que vos precederon en tan vomitivo cargo.

One thought on “Madeira Atlántica multa a 15 manteiros

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.