Vota Madeira Atlántica! Represión garantida

Xa sei que pode parecer estraño que se pida o voto para un partido político desde un blogue libertario, pero é que lin un panfleto que me cativou. Aquí déixoo para o voso deleite:

Madeira Atlántica: temos un desexo común

 Quen bota aos okupas e lle plaxia o proxecto? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Sabemos que o voso proxecto é a ostia e a todo o mundo encántalle, pero é que nos dais noxo, perroflautas.

Quen multa aos esmoleiros que piden nas rúas? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Irvos a pedir a casa de Deus asquerosos.

Quen deixou tirado ao único sirio que chegou a Coruña? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Refugees welcome si, pero welcome no teu puto país de merda.

Quen pasa de gastar os 3 millóns de euros da Renda Social Municipal? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Claro que si, “os coruñeses non están empobrecidos”, teñen moito vicio.

E quen desperdiciou máis de 6 millóns de euros dos orzamentos de servizos sociais? Pois si, nós, A MADEIRA ATLÁNTICA!!!

Quen ten o shériff máis molón e que mellor reprime aos movementos sociais? Así é, A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Ese media orella, Evander Brandariz querémosche.

Quen ten ao xefe de seguridade implicado na trama Pikachu? Si si, A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Ese Toruiñán dálles cana.

Quen reduciu os gastos en servizos sociais do PP en plena crise económica? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Xa está ben de tantas mamandurrias.

Quen se cargou a moción de Stop Desafiuzamentos cando o PSOE xa o aceptara? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Os bancos tamén teñen dereitos.

Quen ten untado o xornal La Opinión? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Liberdade de expresión sí, sobretodo para expresarnos nós.

Quen ten vivendas de emerxencia social baleiras mentres os sintechos choran nas oficinas de servizos sociais? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Se queres casa a pagas como todo o mundo.

Quen multa aos manteros da rúa Real? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Negro de merda volve a ti país, isto é España… ou Galicia que máis dá, en calquera caso ti es forasteiro.

Quen quitou 15000€ das axudas á Cociña Económica? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Así me gusta, 5000 comidas menos para eses mortos de fame. Se queres comida a mercas no super.

Quen promete que vai bater o record de recadación de multas de tráfico? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Se non tes para pagar o parking para que compras o coche, pringado.

Quen amplía Alfonso Molina mentres paraliza melloras no transporte público e nos carrís bicis? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Se non che gusta o coche vete a patas, que para iso telas.

Quen puxo vomitivas fontes para cans que se enchen de óxido en 4 días? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! A ver se a espichan estes cagóns.

Quen multa a veciños por dar para comer a gatos abandoados? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Que morran todos.

Quen deseñou as pontes con mellor habitabilidade de toda España? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Así me gusta, todos os porcos a vivir debaixo da ponte.

Quen fagocita os movementos sociais e condúceos á destrución? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Xa está ben de tanto protestar, se non che gusta Galicia vete a Cuba.

Quen encheu a cidade de cámaras para que os malos se sintan observados? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Aí, aí, a Madeira Atlántica vixíache.

Quen pasa de realoxar aos chabolistas da Ponte da Pasaxe? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! E bastante que lles deixamos estar nas chabolas, se por min fose botábaos á ría.

Quen pon como principal investimento da lexislatura a reparación do estadio de Riazor? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Forza Dépor!

Quen ten Abanca como o seu banco de confianza? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Os preferentistas se asinaron que se aguanten.

Quen se nega a remunicipalizar ningunha empresa? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Fodédevos comunistas, viva o libre mercado!

Quen prohibiu a festa de fin de ano na Insumisa? A MADEIRA ATLÁNTICA!!! Se queredes festa ir ao Pelikano, cubata a 10 pavos.

Se es un cidadán de ben… bo, un pouco energúmeno pero de ben e sobretodo se es un poquillo fascista e de extrema dereita, deixa de botar a PP e Ciudadanos, moito falar e pouco facer. Os que de verdade che representan son os teus camaradas da Madeira Atlántica.

VOTA MADEIRA ATLÁNTICA! REPRESIÓN GARANTIDA!

 

 

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.