A rede da Madeira Atlántica tamén ataca á Insumisa

A rede da Madeira Atlántica sacou un comunicado o pasado día 5 de xaneiro e… Oh sorpresa!! Dá o seu apoio ao proxecto das Naves do Metrosidero. A autodenominada plataforma cidadá??!! (a este paso non se descarta que algún día tamén se chame plataforma cidadá ás mocidades do PP ou á FAES) alcanzou un maioritario consenso para repetir como loros as parvadas que lles ditou os concelleiros do seu partido, xa vemos o que entenden algúns por participación cidadá.

Neste comunicado anímase ós okupas a “que se abran a un diálogo real  co Concello”. Lembremos como fai hoxe 8 anos xustos , Gallardón chamaba ós okupas do Patio Maravillas (Pablo Iglesias, Errejón, Celia Meyer,  Guillermo Zapata…) a  “una voluntad de participar en los concursos y de dialogar con las administraciones para ver en qué forma sus actividades pueden estar participadas por el Ayuntamiento”.

Na mesma liña, este recoñecemento ós okupas: “O CSO A Insumisa, activo desde hai máis dun ano, puxo de manifesto o desperdicio de ter abandonado este lugar, e tamén a necesidade que a xuventude da Coruña ten de espazos nos que desenvolver as súas actividades”, ten moito que ver con estas declaracións de Gallardón: “porque sus actividades son interesantes para los ciudadanos… son multitud los grupos teatrales, de música, de actividades sociales… los que reciben subvenciones del Ayuntamiento y los que, anualmente, participan en los concursos que se convocan desde las distintas áreas de Gobierno”.

Curiosamente, a única “crítica” que se fai ó Concello é o cínico: “Desde a Rede tamén se lle pide ao executivo local que aproveite a ocasión para explorar novas formas de xestión, o máis abertas e participadas posible”, o cal é un calco do dito por un simpatizante da Madeira Atlántica en Praza Pública: “o Concello deve definir com mais claridade que significa “criar um espaço de gestão plural”, seria interessante saber o grão de autogestão que cabe nessas palabras”, está claro que un buen borrego sempre sabe como ten que “disentir” de seu amo.

Tamén chama a atención esta frase que escriben en negrita:” Non é un invento nin unha promesa falsa. Modelos como a Harinera en Zaragoza ou o Ateneu de Nou Barris en Barcelona amosan que é posible”. Obviamente esta é a única frase coa que queren dar por resolto as infinitas preguntas que xa todos os veciños formulámoslle: isto canto costa? O Pleno do Concello o vai aprobar? Son compatible os custos da xestión e o mantemento coa lei Montoro? Inventastéis xa a Máquina do Tempo ou xa podemos confirmar que non se van a abrir as naves antes das seguintes eleccións municipais? Vai ser necesario sacar un novo concurso público que obviamente acabará nos tribunais como xa pasou co Cárcere? Por que falades cínicamente de ceder espazos municipais para continuar coas actividades, cando a mesma concelleira xa recoñeceu á prensa que non dispón de ningún local para iso? Cantos porrazos pensades repartir para desaloxar aos okupas? Gústavos a Lei Mordaza ou preferides reprimir co Código penal? Que ten que ver o diálogo con impoñer a túa merda de proxecto? Por qué as okupacións son boas cando as realizan os concelleiros de Madera Atlántica e malas cando as realizan o resto de cidadáns? Pódese fomentar a participación cidadá esnaquizando un centro social autoxestionado? Como se pode recuperar un espazo público que xa está en mans da cidadanía? É posible a autoorganización estando esmagado pola bota do goberno municipal?,…..

Honestamente, paréceme unha resposta un tanto escueta para respostar tantas preguntas, pero o feito de que o poñan en negrita non deixa de ser máis que unha mostra da preocupación que obviamente teñen. A verdade unha vez máis se acaba impoñendo ante as mentiras destes vendedores de fume, xa só os hooligans máis fanáticos da Madeira Atlántica poden crer nesta parvada.

En calquera caso temos que recoñecer que nesta ocasión facilitáronnos o traballo. Onte mesmo, o activista Nicanor Acosta (incluído na lista de Marea Atlántica para as municipais e candidato nas primarias de En Marea para as autonómicas) non dubidou en desmarcarse de tremenda farsa, publicando no Facebook o seguinte comunicado:

“Apoio ao CSO A Insumisa ante as diferentes campañas mediáticas e políticas na súa contra. Defender un centro social organizado por e para a cidadanía é defender o público.

Considero un erro poñer en risco a continuidade dunha experiencia irremprazable de auto-organización cidadá. Especialmente cando o proxecto do Concello da Coruña non conta con garantías de éxito na súa execución, nin con un elemental plan de viabilidade.

O diálogo non pode empregarse como arma arroxadiza. Para que o diálogo poida darse son necesarias unhas condicións mínimas que o Concello da Coruña non está poñendo enriba da mesa.

Tamén quero expresar o moito que me preocupan as posibles vulneracións dos dereitos humanos, e as accións represivas que, en especial baixo o paraugas da Lei Mordaza, poidan darse nun desaloxo do centro social”.

Nicanor é un conocidísimo activista desta cidade. Preso no franquismo, deixou o cómodo traballo de cura que tiña para pasarse á precariedade laboral, subsistindo a día de hoxe cunha pensión de 600€ ao mes. Pobreza que non lle impide ceder o seu humilde local a organizacións como Própolis, os Sen Papeis, Stop Desafiuzamentos, Fronte Cívica e un longo etcétera. Leva décadas participando en centos de manifestacións e ten máis multas que ninguén nesta cidade, todas elas por ser coherente coas súas ideas. Mentres tanto, outros aproveitan a súa “rebeldía” para colarse na política e gañar uns sueldazos cos que nunca soñaron.

Esta polémica non ten nada que ver con pensar de forma distinta ou seguir estratexias distintas para conseguir os mesmos fins como certos hipócritas quérennos facer crer, senón coa diferenza que hai entre ter uns principios e uns valores ou ser un lixo sen máis ambición que o poder e o diñeiro.

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.