Multan a 5 antifascistas en Coruña: Basta de Lei Mordaza!

O pasado 28 de setembro celebrouse unha contramanifestación no Obelisco, para amosar o noso rexeitamento á convocatoria da organización de extrema dereita, “Foro LC”, organización encargada de convocar tódolos actos ultrapatrióticos casposos máis propios do franquismo que dunha sociedade supostamente “democrática”.

No transcurso desta contramanifestación, según o atestado policial, coreáronse cánticos moi “ofensivos” como: “fascistas non, nin nas urnas nin nas rúas”, “fóra fascistas do noso barrio”, “independencia” ou “puta España”, cánticos moi ofensivos, sobretodo se recoñeces que eres un fascista español.

Como non podía ser doutra forma, a Subdelegación do Goberno pasándose polo forro esa suposta separación de poderes que nos queren facer crer, decidiu multar a 5 compañeiros seleccionados ó chou, cunha multa de 900€ cada un (4500€ en total) evidentemente sen necesidade de pasar por un xuzgado.

Estamos fartos de ser sancionados por un subdelegado de goberno que non é máis que un lacaio elexido a dedo polo PP e de que se lle de presunción de veracidade a uns atestados policiais, que máis se asemellan a un fragmento dunha novela de Julio Verme que ó que acontece a diario nas manifestacións desta cidade. Máis, sobretodo, estamos fartos dunha lei Mordaza fascista que se emprega de forma criminal para silenciar á cidadanía a base de sancións aberrantes e inxustificadas. Hai uns meses en Santiago multaron a 120 compañeiros con sancións de 800€ e agora voltan a atacar con sancións de ata 900€.

Que saiban que nin sus multas nin sus porras nós farán calar.

No seguinte enlace podedes lembrar a crónica que fixemos nós deste acto:

Crónica da resposta antifascista á concentración de vellos nostálxicos españolistas (A Coruña)

 

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.