Comunicado CSOA Insumisa

O pasado 21 de decembro adxudicouse definitivamente a empresa gañadora do concurso por parte do Ministerio de Fomento, que decidiu sobre o futuro deste espazo.
Polo tanto, e como ata o comezo das obras existe o plazo legal dun mes, queremos comunicar que o Centro Social Okupado e Autoxestionado da Insumisa está en risco de desaloxo inmediato.

Queremos compartir con vós e facervos participes da nosa opinión ante os feitos que foron acontecer nos últimos meses:

Xa vai máis dun ano que desenvolvemos diferentes actividades e proxectos dentro deste centro social, que é aberto e completamente gratuíto para calquera persoa que se queira achegar a el.
A represión que sufriremos e o desaloxo farase coa excusa da creación dun novo espazo expropiado das mans das súas usuarias que, tras dunha inversión de máis dun millón de euros, mantería as mesmas instalacións e usos que actualmente estanse a desenvolver na Insumisa.

A okupación é un medio para xerar espazos liberados e non un fin en sí mesma. É unha ferramenta para poder relacionarnos e organizarnos en base a lóxicas que nos parecen máis xustas.
Neste centro social lévanse a cabo diferentes actividades culturais, mais tamén moitas outras de corte político, co fin de acadar unha transformación social na cidade.

O apoio mutuo e a solidaridade son os motores que fan funcionar A Insumisa, e este proxecto non precisa os cartos nin a intervención do concello da Coruña, nin do Ministerio de Fomento ou Defensa. Xa que cando as institucións oficiais tutelan estos lugares, a autonomía política desaparece e a censura, propia ou allea, xurde coartando mediante chantaxes económicas na forma das subvencións das que depende a supervivencia dos propios espazos.

Tamén hai que ter en conta que estes terreos e os colindantes son un caramelo a nivel especulativo pola súa situación, a carón da costa, no pleno centro dunha cidade na que o espazo urbanizable é limitado.

Os diferentes partidos da Coruña fóronse posicionando sobre a existencia deste espazo autónomo. Uns reclaman o desaloxo inmediato, outros Marean e son ambiguos ao respecto, namentres presentan un proxecto copiado que soamente poderá ser realizado unha vez A Insumisa sexa desaloxada.

O proxecto das naves de Metrosidero XA EXISTE e chámase Centro social okupado e autoxestionado A Insumisa. Non queremos nin precisamos a súa legalización, nin a cesión da xestión deste espazo ao concello da Coruña, xa que tódalas premisas cas que a insumisa leva a funcionar máis dun ano, desaparecerían.

NINGUNHA CASA OKUPADA, CEDIDA OU LEGALIZADA!!

A INSUMISA NON SE MERCA!!

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.