Mentiras da Marea Atlántica contra a Insumisa

Este artigo debería ser máis longo que a historia interminable, pero para non alongarme vou poñer so unhas cantas mentiras destes aprendices de Pinocho.

1)Quérese recuperar un espazo público:

eu cada día teño máis claro que os de Marea teñen como libro de cabeceira o de “1984”. Primeiro énchennos de cámaras a cidade que riete ti do “Gran Irmán vixíache” e agora fan un exercicio de doblepensar digno de admiración. Cárganse un espazo público que leva máis de 1 ano aberto a todo o mundo e alardean de recuperalo, que nos queren facer crer, que agora está okupado por uns tiranos para o seu uso particular?

2)Quérese apostar pola mocidade como suxeito activo, empoderado e protagonista:

un calco da anterior co engadido de falar de empoderamiento cando nos arrincan un espazo que é noso e métennos pola forza a súa merda de proxecto. Que ten que ver o empoderamiento cidadán co traballar gratis para unha merda que nos impón o Concello?

3)Estamos abertos ao diálogo:

falar de diálogo cando partimos da base que os okupas se teñen que ir…

4)Non se vai a empregar a violencia para botar aos okupas:

en Stop Desafiuzamentos tíñase como un dos principais eslóganes “ non hai nada máis violento, que un desafiuzamento”, por non falar da evidencia de que se hai resistencia é imposible realizar un desaloxo facendo cóxegas e pedorretas na barriga. De todas as maneiras non hai de que preocuparse, os antidisturbios xa demostraron que son “grandes profesionais” e seguro que empregan a “mínima forza imprescindible”, claro que nesta ocasión contarán co apoio da policía local dirixida polo fascista de Brandariz (o mesmo xefe de policía que nomeou o PP de Negreira e que xa demostrou como gozaba desahuciando a familias da súa vivenda en Elviña). O respeito os dereitos humáns está completamente garantido.

5)A partir dunhas liñas básicas créase un foro de traballo aberto e colaborativo para que entre todos decidamos as características concretas de cada espazo como cal debe ser o modelo de xestión:

Xa teñen as obras adxudicadas a unha construtora, xa presentaron un proxecto (un proxecto sacado dos mundos de Yupi, pero un proxecto ó fin e ao cabo), xa nos dixeron que actividades se van a realizar en cada sala, mesmo puxeron unhas fotos moi chachis sobre como van quedar as naves, tamén nos dixeron que se vai a abrir os 365 días do ano e non se cantas parvadas máis, e agora convídannos a decidir entre todos como vai ser o espazo e como se vai a xestionar!

6) O proxecto é irrealizable:

o papel aguántao todo. Xa vimos en anteriores ocasións como a Marea facía un proxecto inicial que se ía modificando sucesivamente ata facelo irrecoñecible. O exemplo máis claro é o da ampliación de Alfonso Molina. A Marea propoñía facer un “Paseo da Castellana” á coruñesa ( o da Castellana non é coña, así o definiron estes figuras). Ía ter semáforos, velocidade máxima 50 por hora, árbores xigantescas na mediana e nos 2 laterais, carrís bicis, amplas beirarrúa,etc. Ao final foron tragando as sucesivas modificacións de Fomento ata chegar ao día de hoxe no que xa está aprobado o proxecto final… o cal ten como principal obxectivo o de crear unha gran Avenida con maior capacidade para que circulen aínda máis vehículos ao día dos que xa pasan hoxe.

No caso que nos incumbe, empezaron dicindo que ían facer un albergue para acoller centos de refuxiados sirios, pero a mentira era tan grande que tivo que ser modificada (que eu saiba chegaron 2 sirios a Coruña e a un tívoo que atender unha ONG allea ao Concello e aconselloulle que se fose para Barcelona que aquí o tiña chungo) así que tiveron que inventar outra parvada. Os que seguimos cun pouco de detemento a xestión deste gran “goberno do cambio” sabemos que a imaxinación non é o seu forte, polo que se limitaron a caricaturizar o proxecto que xa están a levar a cabo os okupas.

Xórdenme varias preguntas: de verdade o Ministerio de Fomento gobernado polo PP vai aceptar o proxecto de Marea punto por punto? Teñen o orzamento detallado de toda a obra? Ao final o orzamento da obra baixou dos máis de 1,3 millóns de euros a algo menos de 1 millón, quen vai pagar a diferenza? Por qué non falan do custo das obras de adecuación que corresponde ao Concello e que imos pagar todos os coruñeses? Seica nos queren facer crer que isto nos vai a saír gratis?

7)É imposible mantelo:

unha vez máis os de Marea xogan coa inxenuidade dunha cidadanía que obviamente non temos nin idea de política (máis que nada porque nos dá noxo). A lei Montoro supón unha asfixia enorme para os concellos. Aínda que teñas superávit tes moitísimas limitacións para gastalo e poñen moitísimas trabas á contratación de persoal. A dificultade é tan obvia que xa se manifestou que a xestión do cárcere de Coruña a cargo de Proxecto Cárcere terá que realizarse co traballo voluntario dos usuarios, que van ter que atopar medidas para a autofinanciación e buscar subvencións doutros entes públicos.

Curiosamente esas limitacións non existen para a Insumisa, aquí están tan sobrados que mesmo aseguran que se vai a abrir os 365 días do ano cun horario flexible para o público.

Con esta ambición non é estraño que animen aos okupas para participar no proxecto xa que lles vai a facer falta moito pringado que curre gratis. Alguén debería de explicarlles que a nós encántanos traballar gratis, de feito levamos toda a vida facéndoo. Pero traballamos gratis para os nosos proxectos, non para os proxectos que crea un partido político para tentar ocultar a súa completa ineptitude.

8)Marea Atlántica non vai ser o partido encargado de xestionar este proxecto:

só quedan 17 meses para a seguinte lexislatura. As obras do Ministerio de Fomento suponse que van durar 16 meses (a ver se alguén me pode poñer o exemplo dunha obra que non se executase con atraso neste país) pero despois Marea tería que facer unha longa obra de acondicionamento, por non falar das innumerables burocracias que van atrasar a apertura.

Por poñer un exemplo, hai cooperativas de vivendas do Ofimático que levan anos pelexando para que lles dean a licenza de habitabilidade e seguen esperando; ou indo a un exemplo máis próximo, os compañeiros de Proxecto Cárcere levan acumulados tantísimos atrasos na apertura da prisión que non se atreven nin a aventurar cando lles van a entregar as chaves.

A pregunta é obvia, como garante Marea que se vaia a realizar o seu proxecto como eles indican, se a apertura do mesmo vai ser moitísimo despois (probablemente anos despois) de que se celebren as novas eleccións municipais.

9)Non se pode perder o millón de euros que ofrece Fomento:

esa frase é un absurdo. Todo o mundo sabe que o único motivo polo que Fomento deu esta partida é porque as naves están okupadas e querían meterlle o marrón a Marea (eles mesmos dixérono nun Pleno municipal, respecto diso hai unanimidade).

Gobernar unha cidade suponse que ten que ser algo máis que lamer o cu a Fomento e dicirlle a todo que si. Suponse que ten que ser o goberno municipal o que lle diga a Fomento para que quere o diñeiro que vai destinar no Concello. Ese diñeiro podíase empregar para o proxecto do cárcere, para mellorar o equipamento de barrios que están completamente abandoados, para dar vida aos centros cívicos da cidade que en palabras da propia responsable, a concelleira Silvia Camela, están completamente infrautilizados e só serven para que os vellos xoguen ás cartas ou para calquera outro proxecto. Con esta política o único que consegues é converterche nunha marioneta do goberno central do PP.

Ademais, ten sentido acusar os okupas de querer desaproveitar unha partida orzamentaria cando todo o mundo sabe que esa partida conseguiuse grazas á okupación?

10)As instalacións carecen de accesibilidade e seguridade:

Evidentemente a accesibilidade non é o forte da okupa, pero ningunha persoa quedouse sen acceder ao mesmo por ese motivo e iso que algún usuario ten unha discapacidade próxima ao 100%. Hai unha cousa que se chama colaboración e apoiarse os uns aos outros que os nosos concelleiros obviamente non coñecen. Tampouco vexo que Marea Atlántica estea a facer ningún esforzo especial para facer Coruña unha cidade máis accesible para os cidadáns que padezan algún tipo de discapacidade física, polo que non deberían andar dando leccións respecto diso.

O da falta de seguridade díxoo o concelleiro Xiao Lapela. Sí, o mesmo que okupou a Casa da Atocha. Se un arquitecto como él dime que a Casa das Atochas era máis segura que a Insumisa, ou ten que volver á universidade ou é un cínico e un mentireiro compulsivo.

11)Búscase dar á xente nova un lugar do que carece:

é unha mentira tan patética que dá vergoña ata rebatela. O que van facer precisamente é cargarse un espazo que está aberto a todo o mundo (mocidade ou non, a que vén esa parvada de definir un espazo como orientado a mozos de entre 14 e 30 anos?), que vai tardar anos en volver abrirse e no mellor dos casos vai ser unha caricatura do proxecto que xa hai.

 

 

Alguén necesita máis probas de que estos farsantes nós queren vender fume?

2 thoughts on “Mentiras da Marea Atlántica contra a Insumisa

  1. Á realidade é que o CSO A Insumisa está instalado nun local que non e seu, e propiedade do Estado, ou sexa, da entidade da que se dotou o conxunto da cidadanía para xestionar os seus intereses.

    O CSO A Insumisa é unha entidade privada, ainda que non estea constituida formalmente é unha entidade tan privada coma unha empresa ou unha ONG. Non representa á cidadanía senón únicamente aos seus membros. Non é un proxecto construido pola cidadanía se nón por certos cidadáns organizados, que utilizan un espazo público, que non estaba aser utilizado, para desenrrolar un proxecto que, se ben está dirixido ao público, é un proxecto privado, de maneira que a ocupación supoñe a privatización dese espacio.

Deixa un comentario