O modelos das Corralas: un proxecto andalúz de okupación social

As Corralas son un modelo de okupación social que nace en Sevilla a raíz da comisión de vivenda do 15M. Xurden como unha alternativa de vivenda baseada nun modelo de convivenza asembleario que busca aloxar as veciñas dos barrios tradicionais da cidade que víanse progresivamente acosadas pola febre da turistización e especulación co terreo da cidade.  

Coma modelo, as Corralas están inspiradas nas construcións dos barrios obreiros típicos andaluzes, que dispoñían as súas vivendas o redor dun patio central, base da vida comunal da veciñanza. O patio central funcionaba coma centro da comunidade, onde poden xogar tranquilamente os nenos, vixiados pola vecindade, e onde a xente saca as súas cadeiras a rúa para gozar da compañía mutua. Isto xeraba unha estrutura social e forma de vida comunitaria tradicional onde os veciños se coñecen entre sí, e comparten o espazo colaborativamente de maneira natural. A volta a este tipo de estrutura de colaboración é a inspiración para as posteriores Corralas okupadas. 

Coma sempre, a okupación xurde da necesidade, neste caso dos veciñx que impotentes, non teñen recursos para quedar nas súas casas, e que ainda porriba son sistemáticamente ignorados polo goberno no seu frenesí especulador ante a presión do sector turístico que cada vez fai mais mella na cidade. Maiormente se trata de familias, mulleres con nenos e anciáns en situación de precariedade. Os veciñx contan tamén coa colaboración e apoio de grupos e traballadores sociais onde se coñecen entre sí, infórmanse legalmente, arranxan os seus papeis e informes sociais e aprenden a traballar de forma asemblearia. Coma principal estratexia, tras a okupación se reitera o concello que a intención dos veciñx non e tomar propiedade do inmoble, senón que reclaman un arrendamento social dacordo coas súas posibilidades económicas (debilitando así tamén a acusación de usurpación da propiedade).  

Como exemplo, e sen chegar aínda a caracterizarse completamente por esta tipoloxía comeza San Bernardo 52 en 2005, unha das primeiras solucións dos veciñxs o acoso gentrificador na cidade no tradicional barrio obreiro de San Bernardo. A okupación levase a cabo por un grupo de dez familias, beneficiarias de antigos contratos arrendatarios, que no intento dos caseiros por desafiauzalos para poder especular cos terreos, levan anos vivindo en condicións infrahumanas, entre puntais e falsas declaracións de ruína que so pretenden botalos a calle como parte dun proceso de expulsión progresiva para unha “recalificación” económica do barrio. 

Como resposta ante a negativa sistemática que reciben por parte dos seus arrendatarios e dos diversos organismos gubernamentais de vivenda, e ante a imposibilidade de poder arranxar as súas as casas deciden okupar no barrio un edificio de pisos que completamente novo tras a súa construción leva tres anos acabado e baleiro. Iníciase así unha larga loita coa administración local, a empresa publica de vivenda de Sevilla EMVIESESA e o banco propietario do edificio, chea de irregularidades, acoso policial e xudicial e a emprega de tácticas “asustavellas” por parte dos diferentes interesados. Finalmente, en 2010, as familias conseguen un realoxo con alugueiro social por parte do concello e a Xunta de Andalucía  

A raíz do 15M e o nacemento da súa comisión de vivenda, se toma como inspiración San Bernardo 52 e nace a primeira Corrala, La Corrala de La Utopía en 2012, que aloxa a 36 familias ata 2014 cando son finalmente realoxadas. O éxito de este proxecto e da súa resistenza, que ata chega a ser recoñecido polo tribunal europeo de dereitos humans de Estrasburgo, serve de inspiración para as posteriores Corralas. Gracias a axuda de diferentes colectivos sociais o modelo Corrala esténdese por Andalucía cara Hueva, Jeréz e mais tarde Granada. Só na provincia de Sevilla chega a haber ata 7 Corralas simultáneas. O 15 de Novembro de este mesmo ano ábrese a única Corrala activa actualmente na cidade de Sevilla, La Corrala de La Dignidad (calle Fray Isidoro, diante do Hogar Virgen de los Reyes) que ademais de aloxar as familias que nela participan, conta cunha planta baixa habilitada e aberta a xente que non teña onde pasar a noite. 

Mentres que algunhas Corralas conseguiron os seus obxectivos de aspiración a unha vivenda digna, como La Corrala del Triunfo o La Corrala de La Utopía, outras fracasaron por diferentes motivos. O modelo de okupación e loita das Corralas pode chegar a ser bastante efectivo, pero non por isto exento da represión que acompaña a toda resistencia e a toda okupación, caracterizada polo acoso policial e o constante risco de desafiauzamento. As Corralas non son infalibles, e aos seus veciñxs lles teñen traído moitos desgustos e moitas alegrías, sen embargo, a dignidade dos veciñxs proba ser unha razón pola que continuar loitando e pola que continuar reclamando estes espazos. 

Pola dignidade das veniñx larga vida as Corralas andaluzas!

Contra a especulación e o desafiauzamento, okupación e autoxestión! 

Mais información, documentais sobre San Bernardo 52 e La Corrala de La Utopía

Deixa un comentario