Manada de violadores e Biris “antifascistas”

Eu non vou entrar a discutir parvadas sobre se creo a uns ou a outros, de debates babosos e asquerosamente morbosos xa están cheas as redes. Tampouco vou entrar a debater as declaracións das 2 mulleres forzadas (unha en Pozoblanco en maio de 2016 e a outra nos San Fermines do mesmo ano). Como moi “ben” dicía o merdas do Prenda nunha nauseabunda carta que mandou dende a cadea: as mulleres son moi malas, primeiro nos follan e logo din mentiras “para salir del paso”.

 

Pois ben, imos facer caso a estes violadores… digo perdón, imos facer caso a estas grandes persoas que “en la vida haría daño a una mujer”, que son “buenos hijos, algunos trabajan, otros lo intentan y están muy unidos a sus familias y amigos”. O dicho, esta vez non me poderán acusar de ser un feminazi que só escoito á muller violada e non fago caso da versión dos “pobres “violadores, ao revés, só penso escoitar a versión dos violadores. Xa que tan simpáticos son, imos pasarlles a palabra para que a todos nos quéde clarísimo o boísimos que son e o malas que son estas mulleres que se “inventan” denuncias falsas.

 

Para que ninguén se perda, aclarar que os seguintes whatsap son dos chats “La Manada”, “Peligro” e “ Veranito” despois de forzar a unha chica en Pozoblanco. Os vídeos que o acompañan mostran a unha chica inconsciente e a 4 escorias manoseándole, bicándolle, humillándolle, agredíndolle e rompéndolle o vestido mentres o máis valeroso (o Prenda) grávao todo. O vídeo é tan claro que a defensa só pode solicitar que non se teña en conta no xuízo porque a policía que o obtivo (Policía Foral de Navarra) non tiña competencias para investigar fóra da Comunidade Navarra, algo parecido a dicir: é certo, os meus defendidos son uns violadores, pero non tedes probas. Supoño que neste caso era difícil alegar o famoso “foi consentido”, máis que nada porque a muller atopábase inconsciente. Fixéronse públicas unhas imaxes desta basura en plena faena, pero eu no canto destas asquerosas imaxes prefiro poñer a imaxe das súas caras cando por fin os rebenten a ostias. Aí van os whatsapps:

 

“vino de follarse a la bella durmiente : a chica estaba inconsciente (parece que a drogaron con burundanga).

“Perdimos el salto de hacer algo histórico tío”.

“Que habilidad conduciendo con una mano y con la otra cogiendo una teta atrás”.

“Madremía que le echasteis a la chavala burundanga. Ke bueno”.

“Está muerta o que?” “Estaría en coma”.

“Madre mía, os van a meter preso chavales, jajaja, Carman (Prenda) ve un cuerpo humano inconsciente y ahí está el tío ya sea para robarle o para meterle mano jajaja”.

“Y qué le han hecho a la chavala, ¿la han tirado al río?

Es otro caso Marta del Castillo niño jajaja Joselito (prenda) el depredador sexual de las casitas”.

Os seguintes whatsapps veñen dos mesmos chats que os anteriores e son previos a “las relaciones sexuales consentidas” dos San Fermines:

“Estas vacaciones son la prueba de fuego para ser un lobo”” jaja, no que no he hecho méritos para ser un lobo”.

“Llevamos burundanga? Tengo reinoles tiraditas de precio. Para las violaciones”.

“Hay que empezar a buscar el cloroformo, los reinoles, las cuerdas… para no cogernos los dedos porque después queremos violar todos”.

Outras xoias do chat:

“Violaría una rusa que vea despistada y palizón a un niño de 12 años inglés.  2-0 y pa casa”.

“Yo llevo la pistola, no quiero mamoneos cuando estemos borrachos se saca la pistola” escrito polo garda civil.

 

Chama a atención o comportamento ante estes feitos dunha organización “antifascista” como os Biris (grupo de hooligans futboleiros do Sevilla que non se sabe porque motivo fanse chamar antifascistas). Un dos seus líderes históricos, José María Aguilar (máis coñecido como Goku polo pantasma que é) é amigo íntimo do “supergracioso” Prenda. El e outros mandamases dos Biris encargaron ó seu avogado de confianza (Agustín o showman, coñecido por participar nos “apaixonantes” faladoiros futboleiros dos programas de telelixo) cunha mensaxe moi clara: “vete a Pamplona, mira los vídeos, habla con José Ángel (el Prenda) si ves que hay el más mínimo indicio de que violó a la chica, que se pudra en la cárcel y no queremos saber nada”. Parece ser que os xefecillos dos Biris non viron o máis mínimo indicio da súa culpabilidade.

 

Para estes “antifascistas” unha relación sexual normal consiste en deixar a unha chica tirada nun portal tremendo de pánico, chorando a mares e roubarlle o móbil para que non che poida denunciar. Para non meter a todos estes grandes “antifascistas” no mesmo saco, dicir que sacaron un “contundente” comunicado desmarcándose da pancarta de apoio ao Prenda que se despregou no estadio do Sadar (precisamente en Pamplona). Neste vomitivo comunicado afírmase:

 

Aprovechamos también para pedir que se tenga la decencia de no condenar a quien aún no ha sido juzgado, de no crear un juicio público paralelo y que se respete la presunción de inocencia.

Nuestro grupo está en contra de la violencia de género y sexista, y estamos orgullosos de ser una de las pocas gradas que lucha activamente contra estas lacras, bien con apoyo a las mujeres de la Fundación Ana Bella, bien con campañas de ayuda y creación de conciencia”.

A esta merda hai que engadir os numerosos  tweets e comentarios de apoio de membros dos Biris “a título personal”.

Cun comunicado tan cínico no que se pide respectar a presunción de inocencia dun violador que se gravou a si mesmo, mentres lle metía man a unha chica inconsciente xunto a sus 3 coleguis (entre outras moitísimas aberracións que xa todos coñecemos) non é de estrañar que se sintan ameazados cando nun concerto organizado polos Riazor Blues (outra organización “antifascista”) unha muller berra: “abaixo o machismo!” no día contra a violencia de xénero.

 

Parece mentira ter que aclaralo, pero dentro do movemento antifascista non queremos a merdas que apoian a violadores por moito postureo e banderitas que se gasten.

3 thoughts on “Manada de violadores e Biris “antifascistas”

  1. Non sorprende tanto cando, botando un ollo a outros grupúsculos similares no Estado español, atopámonos con casos de misoxinia tan extremos coma o que involucrou a membros da peña Bukaneros (ultras antifascistas do Raio Vallecano) fai un tempo. Viti, membro do grupo “antifascista” Gamberros del Este, afín a Bukaneros (compartindo membros) foi sinalado por compañeiras feministas de Madrid por varias agresións de carácter machista que se desenvolveran de xeito prolongado no tempo. A súa resposta foi ameazar, insultar, agredir física e psicolóxicamente ás compañeiras, respaldado por Gamberros del Este e por membros de Bukaneros. A situación alcanzou o seu máximo nivel de gravidade cando unha noite, unha das rapazas que sinalara a este agresor atópase con Viti e cos seus amigotes “antifascistas” nas festas de Moratalaz. Despois de que estes a insulten chamándolle de todo e ameacen, ela busca o apoio das súas compañeiras, que acuden con ela a esixir desculpas ao grupo de agresores. A resposta foron unhas ostias. Esta rapaza en concreto foi golpeada por Viti na cara cun puño americano, co resultado de tres dentes rotos e a mandíbula descolocada, tendo que recibir ciruxía maxilofacial de reconstrucción, ademáis de levar máis golpes (testigos din que cando corría cara a ambulancia buscando axuda, a rapaza levou unha forte patada na espalda que tirouna de novo ao chan).

    Hai dous comunicados que narran as agresións de Viti, Gamberros del Este e o apoio que estes reciben de membros activos da peña Bukaneros (onde por certo ata onde eu sei, seguen estando os agresores). O primeiro comunicado narra as agresións previas aos feitos en Moratalaz. O segundo fai referencia específica a eses feitos.

    – Comunicado 1: https://drive.google.com/file/d/0B8wz2eg2hnbPT3dPbks3SlVyeUpkeWMyQVRVZTdYY1ZBOUZV/view?pref=2&pli=1
    – Comunicado 2: https://vozcomoarma.noblogs.org/wp-admin/post-new.php

    “Antifascismo” protexendo a violadores reincidentes que, ademáis, vai de festa cos seus amigotes picoletos e militares (logo será o máis malote no campo coas súas bandeiras de ACAB, seguro). “Antifascismo” pegando malleiras a compañeiras antifascistas e feministas porque sinalan coma agresor a un deles. “Antifascismo” silenciando a feministas a base de golpes, coaccións e ameazas, para manter os seus privilexios e o seu poder dentro “do rollo”.

    Este é o “antifascismo”, unha merda. Pegarse con nazis para acabar comportándose coma eles, e o peor de todo, sen entender que o fascismo é un simple resultado do sistema capitalista, e que o capitalismo nace do Patriarcado e os seus esquemas de dominación orixinarios. Pero en fin, de onde non hai non se pode sacar.

    Hunga, hunga, viva Non Servium, hunga

Deixa un comentario