Próximos eventos no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

No Ateneo Libertario Xosé Tarrío, situado na Rúa La Paz nº 16 (Os Mallos) teñen programados varios eventos e aproveitamos pra difundir por aquí:

Luns 20 de novembro ás 20:00: proxeccións anarquistas filmadas durante a Guerra Civil: “Reportaxe do movemento social revolucionario en Barcelona”, “Salvar Madrid”, “Homenaje a Durruti” e “Entierro de Durruti”.

Sábado 2 de decembro ás 20:00: presentación, proxección e coloquio do documental “Morrer devagar”, obra que intenta retratar as duras condicións da vida cotiá das persoas refuxiadas na espera, agardando atrapadas en terra de ninguén. Porén, co paso do tempo e a través do propio proceso de aprendizaxe das estudantes que realizaron o documental, o relato foise transformando e rematou por converterse nunha reflexión sobre a produción de imaxes nunha situación tan mediática e a nosa incapacidade para contar unha historia que non somos quen de comprender.
Un adíanto aquí.

Sábado 9 de decembro ás 19:00: proxección de “COPEL: una historia de rebeldía y dignidad”. Despois de 40 anos en silencio, un grupo de antigos compoñentes da COPEL decidiron contar súa historia, a da intervención autoorganizada na “Transición española á democracia” dos presos sociais, pra que se respetara a súa condición de persoas ingluíndoos na amnistía.

Sábado 16 de decembro ás 20:00: presentación de “Farta”, segundo número da revista feminista “Revirada”, proxecto que procura a colaboración de todas as voces do feminismo, galego e de fóra, tocando diversos temas de maneira amena e entretida. Neste segundo número falarase de arte, política e sexualidade.

Seguide a súa páxina en Facebook ou engadídeo como amizade para estar ó tanto de futuros eventos (palestras, proxeccións, presentacións, roteiros…).

One thought on “Próximos eventos no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

Deixa un comentario