[A Coruña] Ciclo de cine anarquista (20, 22 e 24 de novembro)

A xente do Ateneo Libertario Xosé Tarrío e da Unión Anarcosindicalista da Coruña volven a colaborar por segunda vez tras as xornadas de Coruña Libertaria (nas que tamén participara a xente da Comuna) para traernos varias proxeccións anarquistas acompañadas de charlas-coloquios os días 20, 22 e 24 de novembro:

20N ás 20:00 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº 16, Os Mallos):
“Reportaxe do movemento social revolucionario en Barcelona”: considerado o primeiro documental rodado durante a Guerra Civil. Ten lugar nas rúas barcelonesas entre o 19 e 24 de Xullo de 1936 a cargo da CNT, retratando o lanzamento á loita dun pobo contra unha rebelión militar que o quere afundir aínda máis na miseria. (20 min)
“Salvar Madrid”: (non atopamos información sobre esta)
“Homenaje a Durruti”: documental realizado pola CNT durante o primeiro aniversario da morte de Buenaventura Durruti o 20 de novembro de 1936. (10 min)
“El entierro de Durruti”: imaxes do enterro do revolucionario anarquista en Barcelona, acompañado de todo un pobo. (10 min)

22N ás 19:30 na Unión Anarcosindicalista da Coruña (Rúa Washington 36, Montealto):
“Néstor Makhno, campesiño de Ucrania”: historia do campesiño e guerrilleiro Nésto Makhno, quen participou na revolución de 1905, pasou case nove anos en prisión e o movemento insurreccinoalista ucraniano. (1 hora)
“An injury to one”: historia do sindicalismo revolucionaria a comezos do século XX en Butte, Montana, con Frank Little. líder sindical asasinado en 1917, como personaxe principal. (50 min)

24N ás 19:30 na Unión Anarcosindicalista da Coruña (Rúa Washington 36, Montealto):
“Nosotros somos así”: musical de 1937 convencen de que non maten ao pai dun deles acusado de espía nacionalista o tempo que conciencian ao fillo deste pai burgués sobre a loita de clases. (30 min)
“Aurora de esperanza”: película de 1937 que conta a historia dun obreiro que queda en paro, as miserias da súa familia e o comezo da revolución.

Vémonos alí!

Deixa un comentario