[Vigo] Moça agredida por 2 matons de “Porto Cabral” que recolhiam sinaturas.

Fonte: ogajeironagavea.wordpress.com


Recolho (tal qual) do seu muro dumha página virtual estes feitos reais como a vida mesma, que lhe aconteceram o passado martes 2 de outubro quando, tras advertir um vizinho de que se informara bem denantes de plasmar sua sinatura nessas folhas, foi agredida por estes energúmenos contratados por nom se sabe quem ou que máfia construtora que tem grandes intereses especulativos neste projeto de Centro Comercial a construir nos montes vigueses de Cabral. Um mega projeto especulativo que pretende destrozar uma zona verde numa cidade que já tem mais Centros Comerciais dos que precisa -índa que para mim zero é o número ideal destes megaprojetos, dado que acabam com o comércio local e coa mesma desaparecem tras uns poucos anos de éxitos, evidência palpável téde-la no Area Central compostelá- e que, sob a falsa escusa de criar emprego, andam á caça de sinaturas de gentes inhorantes e desinformadas para apresentar umha Proposiçom nom de Lei de Iniciativa Popular e que se debata no Parlamentinho galego para assim salvar o escolho da situaçom atual de suspensom do PGOM viguês e poida ser aprovada tal monstrosidade pola via supramunicipal.

Dizer que, índa que nos falsimédios estejam a falar de que a recolhida destas sinaturas é coisa da Comunidade de Montes de Cabral (proprietárias dos montes onde pretende instalar-se o megacentro), o certo é que tal Comunidade de Montes rejeitara em assembeleia celebrada em 2013 este megaprojeto por 344 votos para o nom e 297 para o si; e que, segundo denúncia dalgum vizinho de Cabral, isto é obra do cacique presidente dos montes, Luis Rodríguez, quem tem chegado a reconhecer em assembleia que muitas vezes ejecuta obras “sem nenhum tipo de permiso”.

Dizer tamém, denantes de dar paso á denuncia da moça, que isto nom é um caso ilhado e circunstâncial e que, tal como aportam diferentes pessoas nos comentários, estes recolhedores de sinaturas increpam a quem nom lhes bota um garabato ou te botam um olhar assassino; além pom-se nas filas dos Inem assegurando que vai dar 4.000 postos de trabalho e por suposto nada contam de que vam destruir o monte. Mesmo há quem aporta que cobram 0’60 € por sinatura, o que poidera motivar tais comportamentos mafiosos.
A efeitos de saber algo mais deste projeto recomendo assistir a estas entradas do blogue “A Detroit Viguesa“ “Que hai detrás da obsesión da venda do Parque Liñeiriños a mans privadas”“Grazas a todas vós | #OmonteNONseVENDE #PortoCabralNON”

Por favor, facede que isto se saiba:

Onte 31 de outubro voltaba a casa na Praza da Independencia despois da compra, contra as 14:00. Ao chegar ao meu portal, vin alí perto dous homes pedindo sinaturas para Porto Cabral, estaban falando cada un cunha persoa. Dirixinme a un home que estaba a falar cun deles e díxenlle que se procurase informarse ben antes de asinar, que querían vender o monte por catro perras. En ton moi tranquilo, como recomendación.

O home decidiu non asinar, e xa cando comezaba a marchar, o que lle quixera recoller a sinatura comezou a berrarme que eu non me metía co seu traballo, que iso non ía quedar así. Agarrou o meu pulso, de onde me colgaba a bolsa da compra e a bolsa, esmagando o que levaba dentro. Eu díxenlle que teño dereito a dicir a miña opinión, e que me deixase marchar, que me soltase. El non só non o fixo, senón que lle dixo ao seu compañeiro que chamase á policía, e a min repetíame que xa vería eu, que non ía volver a repetir o que fixera. En canto me soltou, tentei ir cara ao meu portal, que estaba a escasos metros, pero el comezou a empurrarme e a dicirme que eu non marchaba de alí ata que chegase a policía. Mentres tanto, o compañeiro estaba xa facendo unha chamada telefónica (si, surrrealista, mais no momento non te decatas…). Ao irme achegando ao portal no medio dos empurróns, os dous homes interpuxéronse entre eu e a porta, impedíndome entrar na miña propia casa. Eu repetíalles que me deixasen entrar, e eles que non, que ía ver, que non me deixaban ir ata que chegase a policía. Eu estaba moi nerviosa. Eran dous homes, o que me agarrou e empurrou bastante corpulento, e non podía facer nada máis que dicirlles que era a miña casa e que me deixasen pasar…

Estiveron así varios minutos e ao cabo chegou un coche da polícía, baixaron un home e unha muller. A polícía quedou comigo e comezou a tomarme declaración. Mentres estaba explicándolle o que pasara achegouse unha veciña, que dixo que estaba sentada nun banco e que vira como me empurraban e non me deixaran entrar na casa. A axente preguntoulle se quería dar os seus datos e se estaría disposta a declarar e ela dixo que si, que iso fora o que vira. A min ofreceume axuda e díxome que sempre andaba pola praza, por se algún día precisaba algo. Cando lle dixen á policía que me parecía incrible que á parte de ter feito o que fixeran, os homes eses tivesen o rostro de tel@s chamado ela díxome que non o fixeran, que pasaran por alí porque lles tocaba na rolda. Finalmente, díxome que ían dar parte do acontecido e que eu podía presentar denuncia se o quería.

Andade con ollo, nestas cousas vese claramente canto interés debe haber detrás de Porto Cabral…

 

One thought on “[Vigo] Moça agredida por 2 matons de “Porto Cabral” que recolhiam sinaturas.

  1. A min aconteceume algo semellante. Unha ocasión na que me pararon para explicarme o seu proxecto (todo moi ben maquillado con discursiños de “va a crear muchos puestos de trabajo”, “va a incentivar el comercio”…) deixeille claro que sabía moi ben do que ía o seu novo plan especulativo, e os danos que conleva tanto para a contorna natural como para o comercio local e a economía das veciñas da zona afectada, todo isto díxenllo no medio da rúa e en voz alta, co que moita xente que pasaba decatouse. Chegado o punto no que perdeu a paciencia, o fulano empezou a poñerse violento e aínda que a min non me agrediron (supoño que por ser un home non me presupoñen a vulnerabilidade que se cadra levounos a agredir ás mozas) o tipo púxose a dicirme que non incordiara, que se non quería asinar que vale, pero que estaba a amolar, mandoume á merda e dixo que se non o deixaba recoller sinaturas tranquilo ía chamar á policía. Insulteino varias veces máis e lisquei. Esta escoria van de bós samaritanos, aínda por enriba…

Deixa un comentario