Un morto máis nos cárceres do estado

O pasado 22 de Outubro Manuel morreu no cárcere de Albocàsser no que todo apunta a un asasinato en mans dos carcereiros. Recomendamos seguir o blogue tokata.info para estar o tanto do que está a pasar nos cárceres as´como tamén as propostas de loita coletivas como a iniciativa que leva en pé desde o pasado mes de xullo de 2016. Animamos tamén a escribirlles aos presos en loita, podedes atopar as súas direccións aquí.

A continuación o relato do sucedido.

Un preso morto no cárcere de Albocàsser (Castelló II), en circunstancias que a administración está a ocultar, mentres o seu corpo presenta signos evidentes de ser maltratado

Manuel Fernández Jiménez, estaba a cumprir condena en primeiro grao no cárcere de Villena (Alacante II). Tivo un problema con outro preso ao que prestara unha tele e non lla quería devolver, e pelexáronse. A nai de Manuel falou co director do cárcere e pediulle que trasladasen o seu fillo a outro módulo para evitar máis enfrontamentos. O director díxolle que non podía facer nada, que se arranxasen entre eles. Volveron pelexar e, como castigo, trasladaron a Manuel ao cárcere de Albocàsser (Castelló II), en illamento. Él estivera xa nese cárcere, queixándose á súa familia de que lle pegaban os carcereiros.

Aos dez ou doce días, chamaron por teléfono á súa nai, dicíndolle que Manuel falecera o domingo, 22 de outubro, ás 13:00 horas, que o rapaz faltara ao reconto e que foran á cela que ocupaba e atopábano morto. Non lle deron ningunha outra información máis que o teléfono da funeraria. A nai falou con algún empregado da mesma para que trasladasen o corpo de Manuel a Murcia. Non trouxeron ningún papel, nin certificado de defunción, nin informe da autopsia, nin nada. Tivéronlles que esixir algún papel que documentase a situación, a través dun avogado, xa que se negaban a entregalo, e déronlles un acta de enterramento. Foron cunha avogada ao xulgado de garda con ese papel, alí denunciárono todo e pediron unha segunda autopsia. Nomearon unha procuradora para pedir os documentos no xulgado de instrución nº 4 de Castelló, que leva o caso. Chegou un papel que soamente dicía que autorizaban a enterrar o corpo e que morrera en Albocàsser de «morte súbita a estudo»

Cando a nai chamou por teléfono á funeraria, dixéranlle que non sabían cando ía chegar. Avisáronlles a última hora e chegou a Murcia pola tarde, ás 18:30. Cando chegou o corpo, os empregados da funeraria non lles querían deixar velo. Despois de insistir, consentiron en que o visen os pais, pero só eles. Estaba tapado ata o pescozo, de maneira que só se lle vía a cara. Pero puideron ver que tiña feridas nela e marcas de dentes na fronte. Esixiron que o destapasen e puideron ver que tiña lesións e cardeais por todo o corpo: marcas no queixo que alguén próximo identificou como moi parecidas ás que deixa un «taser?» (aparello para aplicar descargas eléctricas); marcas de esposas e ataduras en bonecas e brazos, e tamén nos nocellos; dedos rotos e uñas das mans esnaquizadas; o peito cheo de feridas e cardeais; marcas no pescozo… Fixeron fotos de todo e chamaron á policía nacional para que visen aquilo. Viñeron catro axentes, pero negáronse a mirar sequera o corpo, dicindo que non era cousa súa ao producirse a morte en Castelló.

A familia atópase consternada e indignada por todo o sucedido. Non só lles entregaron morto a un raparigo de 28 anos recentemente cumpridos que uns días antes sobordaba saúde; comunicáronlles a morte con verdadeira brutalidade; resistíronse en todo momento a facilitarlles a menor información sobre o sucedido: chamasen a quen chamase, todos lles daban longas, con burocrática prepotencia e sen ningún respecto pola súa dor e ansiedade; cando ven o corpo atópano cheo de pegadas de sufrir malos tratos; aínda non saben nada dos resultados da primeira autopsia… Cren que morreu violentamente, a mans dos carceleros, xa que el estaba en illamento e non tiña contacto con ninguén máis. Pensan ir ata o fondo do asunto e xa presentaron denuncia no xulgado de garda de Murcia, achegando as fotos das lesións que presentaba o corpo e esixindo unha segunda autopsia. A súa avogada comunicoulles que esta petición foi denegada, en espera de que se coñezan os resultados da primeira autopsia realizada supostamente en Castelló. Temen que ao demorarse tanto a intervención médica, xa non se poida pescudar o que pasou a través dela, e mesmo que o xulgado ordene antes que o cadáver sexa incinerado.

A continuación, un programa de radio onde entrevistan á nai e á tía de Manuel e fálase da impunidade, neglixencia e brutalidade no medio das cales suceden cousas como esta.


Fonte: https://familiasfrentealacrueldadcarcelaria.noblogs.org/

Deixa un comentario