Comeza o xuízo os 12 de “La Insurgencia” na Audiencia Nacional

Segundo informa Galiza Contrainfo, os vindeiros 2 e 3 de novembro 12 rapeiros de «La Insurgencia», colectivo de hip hop combativo, van pasar polo xulgados da Audiencia Nacional.

Acusados de enaltecemento do terrorismo nas letras das súas cancións, a petición para cada un deles é de: 2 anos e 1 día de cadea, 4800€ de multa e 9 anos de inhabilitación para cargo público. Máis afirman que non van a aceptar nada que non sexa a absolución.

A Asemblea aberta de Coia levou a cabo un peche solidario de 12 horas (“12 horas polos 12 da Insurgencia”) o pasado día 28 en defensa da liberdade de expresión. Entre outras moitas actividades o peche comezou cunha conferencia de prensa onde fala Saúl (aka Shahid), membro do colectivo de rap encausado e Elena, a súa nai.

Deixa un comentario