Carta de Lisa desde o cárcere de Köln

Lembramos que Lisa, compañeira anarquista, foi condenada a sete anos e medio por varios atracos na cidade alemana de Aachen en Novembro de 2014. O proceso xudicial segue aberto, así como a investigación, pese a finalizar o xuízo o pasado 7 de xuño contra Lisa e condenala. Os bancos, a policía de varios países e a igrexa católica son os responsables do secuestro da nosa compañeira.

Máis información sobre o caso en: https://solidaritatrebel.noblogs.org/


Ola!

[…]
A miña situación actual: Estou na mesma prisión provisional en Colonia desde que a miña sentenza está en revisión, é dicir, en custodia de investigación. Estou nun centro de detención normal, alí pódome «mover» como todas as demais, participar en actividades, visitar a outras presas na súa cela, traballar, etc. Pero teño algunhas restricións extra como que non podo participar en actividades doutros módulos (xustificadas polo meu «perigo», segundo o meu caso). Ademais, sigo tendo o correo controlado, porque aínda buscan outrx «cómplice». (Normalmente case ninguén ten o correo controlado no tempo de revisión). Por tanto, néganseme as chamadas e visitas a longo prazo, fóra das chamadas coa miña nai, xa que está gravemente enferma. Pero tamén estas chamadas son supervisadas estritamente.

Polo demais temos unha terapia de traballo co computador («AT-PC»), onde estamos ocupadas co computador e mesmo nos pagan por iso. Con todo, a miúdo non hai terapia.

Teño unha televisión, un reprodutor de CD, un reprodutor de DVD e un hervidor eléctrico na miña cela e por suposto algúns libros, unha chea de correo, revistas, etc. Cada día danme o «Junge Welt» e cada dúas semanas «A Directa» de Barcelona.

Hai unha hora libre diaria, tres horas para visitar a outras presas na súa cela (que sempre utilicei desde o primeiro día sen excepción), de cando en vez deporte (tamén fago deporte diariamente no patio e na cela) e polo momento participo nun grupo semanal interesante («Grupo Antiracista», dirixido pola asociación de Colonia contra o racismo). Podemos ducharnos soamente dúas veces á semana (!!!) excepto cando traballamos, entón todos os días.

Hai uns meses, a situación con outras compañeiras de prisión era mellor e máis solidaria. Agora somos menos, que estamos unidas e nos apoiamos, pero aínda algunhas. A maioría son «pobrinhas» que non teñen nada nin a ninguén, a maioría dróganse e só se preocupan de si mesmas. Ademais hai moitas Sintis, Romas e/ou europeas orientais que a maioría están dentro por trivialidades, algunhas de bandas organizadas.

Saúdos solidarios e combativos.

Lisa


Para escribirlle a compañeira:

Lisa – Buchnr.: 2893/16/7

JVA-Koeln (Frauen)

Rochusstrasse 350

50827 Koeln

Deutschland

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.