Impresións sobre a declaración de independencia de Cataluña

Se ben defendín ó pobo cando estaba a ser reprimido polas forzas policiais cando saíron ás rúas polo referendum, agora non vou calar e pasar por alto a cantidade de afirmacións absurdas que estou a escoitar por parte dxs independentistas e dxs fascistas.

Unha das primeiras cousas que lin foi a Carles Riera, portavoz da CUP, afirmar que “chegou a hora do pobo, sen estructuras de Estado para construir a república dende abaixo, dende a autoorganización, dende os Concellos”. Eu, persoalmente, dudo moito que a “hora do pobo” chegue a través dunha votación realizada por unha élite política (xa non estamos a falar nin sequera dunha votación do pobo, como cando foi o referendum). E sobre a autoorganización dende os concellos, bueno, cada un entende por “dende abaixo” o que quere, pero ata agora non vin un concello que fose a panacea, e mira que aquí temos o “goberno do cambio”.

Mais dende logo o que máis me divirte é ver aos defensores do Estado español protestar por cousas que a esquerda leva toda a vida protestando:

Primeiro atopeime cuns “tertulianos” de Intereconomía (que? non coñezo moitos máis programas de humor de actualidade) recriminando aos mossos que estaban disolvendo unha manifestación de persoas que defendían a unidade de España, “persoas que queren seguir sendo españolas”, os mesmos “tertulianos” que aplauden a eses mercenarios cando corren a paos a xóvenes manifestándose polos seus dereitos.

Tamén están as declaracións que facía hoxe Álvaro de Marichalar, a raíz da súa detención de onte por poñerse a provocar nunha concentración de indepes cunha faixa que puña “Catalonia is not Spain”, sobre o triste que estaba ó ver que a policía traballa só para unha parte da poboación catalana, criticando a súa falta de imparcialidade. Ai, mira que botei a rir. Vai resultar que o movemento independista serve para que o facherío máis rancio experimente a frustración que levan experimentando os colectivos e movementos sociais (libertarios ou de esquerdas) diariamente dende sempre.

E como estes, máis casos (persoas que non condenan o franquismo tachando o acto independentista como golpe de Estado, ou o presi Mariano cargando contra a ilegalidade da votación cando é o líder do partido máis corrupto de España), mais non quero perder moito tempo con isto… Aínda que me fai gracia ver rabiar á dereita española, non apoio a independencia de Cataluña porque non apoio o concepto de Estado (republicano ou non), a policía ou os cárceres; e que conste que comprendo o dereito de autodeterminación do pobo catalán, o que xa non comprendo tanto é que apoien a un presidente que ata hai pouco non apoiaba este mesmo dereito… E tamén coidado coas persoas que defendedes tan firmemente a resolución do conflicto a través da votación do pobo (a maioría do cal non se declara como independentista), que por ese mesmo procedemento temos o goberno que temos, a ver cando chegamos a unha autoorganización dende abaixo sen que teñan que vir líderes políticos como salvadores…

En fin, xa non desvarío máis, só quería compartir as miñas impresións sobre parte do que vin hoxe, saúde e ata outra!

J.

Deixa un comentario