Onte asistimos á concentración en solidaridade coa familia e compañeirxs de Maldonado e co pobo mapuche que se convocou dende Acción Antifascista Coruña na Torre de Hércules.
Xa era de noite cando deron as 20:00 e chegaba xente cunha faixa na que se podía ler «Santiago presente; Crime de Estado; Solidaridade co pobo mapuche». Tamén repartíronse entre dúas persoas varias octavillas informando sobre o caso de Santiago ós transeúntes.
Mais reinou o silencio, pois non queda moita enerxía cando matan a un compañeiro. Aínda así, comezou unha persoa cun cántico indíxena en memoria de Santiago e tamén leuse o seguinte texto seu, lembrando o seu caracter combativo e antiautoritario, como anarquista que era:

Gustaríame rematar esta reseña citando parte dunha canción de certo grupo chileno e lembrando que esto non é nada novo para o pobo mapuche:
«Estamos condenados a recordar tanto, pero tanto espanto, que no hay canción ni escrito que alcance, porque el horror que pasa por los ojos se queda en el cuerpo, en las vísceras, en las entrañas, se mantiene en el tiempo, en la memoria y se propaga»