[Vigo] Queren condenar a dous mozos a 6 anos de prisión nun novo xuízo farsa!

Difundimos este comunicado atopado nunha rede social, agradecemos o envío de convocatorias ao correio airmandadedacosta@riseup.net, que se ben estivo un tanto inactivo, agora andamos pendientes del:

O vindeiro xoves 26 de outubro celebrarase un xuízo farsa na cidade de Vigo.
Nel pretenden condenar a 6 anos de prisión a Oliver e a Nerea polo feito de participar nunha manifestación estudantil en 2014.
Aquel día miles de mozos percorreron a cidade olívica esixindo unha educación pública e de calidade, atopándose como é habitual con brutais cargas policiais e centenares de multas logo de cometer o terrible delito de exercer uns dereitos democráticos mínimos. Pero o peor estaba aínda por chegar.
En xullo deste ano celebrouse a primeira parte deste xuízo farsa, onde a Fiscalía dedicouse a comprar testificacións, ofrecendo a un grupo de estudantes rebaixar as súas condenas de 6 anos a penas de 3 a 6 meses de prisión a cambio de aceptar a versión policial que testemuña que Oliver e Nerea esnaquizaron media cidade.
Todo iso á vez que non achegan nin unha soa proba que os inculpe, nin descrición física, nin nada.
E aseguran levalos seguindo desde o comezo da manifestación.
Á conta de que? Viron como dous mozos esnaquizaban a cidade e non fixeron nada respecto diso?
Non, simplemente MINTEN.
Resulta que agora a presentación de falsas testemuñas non é delito algún?
Que lexitimidade pode ter a celebración dun xuízo deste tipo?
Simplemente queren amedrentar á poboación para reivindicar os seus dereitos e están a utilizar a Oliver e Nerea como cabezas de turco neste basto circo.
Destacar que no caso de Oliver, a condena podería ser dobre, pois en só cuestión de días deberá acudir á Audiencia Nacional como parte do proceso contra “La Insurgencia” onde queren condenar a dous anos de prisión a 12 rapeiros, por exercer o dereito de expresión para reivindicar necesidades básicas como un traballo e unha vivenda dignas, a saída da UE e a OTAN, unhas liberdades políticas plenas, o dereito á autodeterminación que en Catalunya están a negar a base de paus, etc.
Urxe denunciar estas farsas en cada barrio, xa sexa mediante a difusión de panfletos, colocación de pancartas, pintadas, concentracións, etc.; pero debemos evitar custe o que custe que novos presos políticos sómense aos centos que desde 1939 levan enchendo os centros de exterminio deste Estado fascista.
Porque hoxe tocoulles a eles, pero co futuro que nos espera, mañá vas ser ti.
CONCENTRACIÓN: 26 DE OUTUBRO ás 9:00h nos XULGADOS DE VIGO (C/Lalín, nº1)
SEN DEREITO DE MANIFESTACIÓN, NON HAI DEMOCRACIA!
ABSOLUCIÓN OLIVER E NEREA!
AMNISTÍA!

Deixa un comentario