[A Coruña e Compostela] Presentación do libro “Cabo de Guía”

Esta semana ven xente dende Madrid que contribuiu a escribir o libro “Cabo de Guía: Consejos prácticos para afrontar la represión a raíz de las operaciones anti-terroristas contra el entorno anarquista”. A elaboración desta guía xurde por motivo da chamada Operación Piñata, operación policial contra o entorno anarquista. Componse dunha serie de consellos prácticos pra poder afrontar as consecuencias dunha operación anti-terrorista da mellor maneira posible. Nace da suma de experiencias vividas por compañeiros e compañeiras que sufriron dita operación de forma moi cercana. A intención é facilitar o camiño a quen lamentablemente lle toque transitalo. Non pode tomarse como un dogma, manual ou protocolo, se non máis como unha aportación colectiva duns casos concretos, sen esquecer que cada caso pode ser distinto e que a información exposta na guía debe ser revisada e actualizada periódicamente.

A primeira presentación terá lugar na Coruña o sábado 28 ás 20:00 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº 16, Os Mallos).

O día seguinte, domingo 29, terá lugar en Compostela ás 13:00 no CSA do Sar (Rúa Curros Enríquez nº 28).

Ambas presentacións irán seguidas dun debate aberto sobre as mellores formas de afrontar a represión, o apoio mutuo, a integración da solidaridade e a saúde mental ou espacios de coidado entre outros puntos.

Deixa un comentario