[Compostela] Absoltas Antía e Mario polo escrache ao homófobo Domingo Neira

E non todo van ser malas novas. Hai unhas horas, nunha rede social, comunicaban as xulgadas:

Acabam-nos de comunicar a resoluçom do recurso que tínhamos interposto contra a condena de três meses de prisom polo escrache ao homofobo Domingo Neira. Antia e Mario fomos absoltas !! Queremos agradecer a solidariedade de todas as que vos preocupastes por nós, nos próximos dias daremos mais informaçom. Seguimos na luita!

Foi o pasado mes de marzo cando condenaran a Antía e Mario por facer un escrache ao profesor homófobo Domingo Neira. O resultado da sentenza foi de 3 meses de prisión por desordes públicos para Antía e Mario máis a absolución do terceiro acusado, Atanes.

Deste xeito, a “xustiza” española volve a lembrarnos que unha manifestación en defensa dun ensino público, galego e non patriarcal é, para eles, motivo suficiente para condenar a prisión a dúas estudantes. Que pretender impedir que señores como Domingo Neira gocen da posición de poder que lles outorga unha Cátedra universitaria conseguida no franquismo, levando a loita polos nosos dereitos sexuais plenos alén dunha simple reivindicación estética ou propagandistica é ilegal.

Transmitían as encausadas nun comunicado posterior a resolución da sentenza

O motivo do escrache fora a readmisión do profesor Domingo Neira, docente da facultade de ciencias da educación, que fora afastado das aulas no curso 2013/2014. Profesor homófobo que nas súas clases soltaba perlas como “A homosexualidade é contaxiosa” ou “os homosexuais carecen de hombría e non poden educar”.

 

Deixa un comentario