[A Coruña] Concentración polo asasinato de Santiago Maldonado e en solidaridade co pobo mapuche

A xente de Acción Antifeixista Coruña convoca para este mércores ás 20:00 unha concentración para protestar polo asasinato do compañeiro Santiago Maldonado a mans da Xendarmería e o Estado arxentino e en apoio ó pobo mapuche, que segue resistindo a represión dos Estados arxentino e chileno.

A concentración terá lugar ás 20:00 na Torre de Hércules (na explanada) como acto simbólico para envíar forzas ás compañeiras e compañeiros en Arxentina.

Deixamos a continuación o cartaz:

2 thoughts on “[A Coruña] Concentración polo asasinato de Santiago Maldonado e en solidaridade co pobo mapuche

Deixa un comentario