[Compostela] Manifestación hoxe contra a Lei de Depredación de Galiza

Como xa informáramos en entradas anteriores hoxe ás 12:00h terá lugar a Manifestación contra a Lei de Depredación de Galiza. Partirá da alameda de Compostela.

A lei foi aprobada polo PP o pasado 17 de outubro e que entre outras medidas leva consigo á:                                                                                                                                                       

“1) EXPROPIACIÓN FORZOSA:

  • Dará barra libre á expropiación por medio dos “proxectos de especial interese”, que poderá ser concedido antes da aprobación do proxecto.

  • A utilidade pública das instalacións eólicas considerarase prevalente: terán dereito a expropiar o monte sen máis.

  • Fará da expropiación forzosa o instrumento fundamental para o acaparamento de terras.

2) OCULTACIÓN DE INFORMACIÓN:

  • Minas: é a propia empresa mineira a que determinará que datos están suxeitos a segredo industrial, furtando así esa información ás persoas afectadas.

  • Haberá proxectos exentos de información pública.

  • Acurtará o tempo para mirar os expedientes.

  • O teu concello non terá nada que dicir.

3) REDUCIÓN DE PRAZOS:

  • Menos trámites.

  • Menos prazo para alegacións.

  • Acurtaranse prazos para controis administrativos.

  • A falta de informe da administración o empresario terá razón.

4) MÁIS DOADO SALTAR O TRÁMITE AMBIENTAL:

  • Desregulación aproveitamento eólico.

  • Desregulación minaría.

  • Desregulación Montes.

  • Incumprimento normativa europea ambiental.

5) MÁIS EUCALIPTOS:

  • As autorizacións non serán necesarias para eucaliptos.

  • Abondará coa “declaración responsable”.

  • Perigo para os bens patrimoniais.

  • En Rede Natura non precisarán autorización da Administración.

6) EXTRACTIVISMO:

  • Quedará sen apenas regulación.

  • Acurtaranse prazos para controis administrativos.

  • Menores controis ambientais, de patrimonio, augas, etc.

  • Dificultarase a participación cidadá.

7) PARQUES EÓLICOS:

  • Desenvolveranse en prazos moi curtos.

  • Non terán en conta criterios ambientais para escollelos.

  • Facilitarase a expropiación forzosa.

  • Pasarán por riba dos dereitos das persoas ou comunidades propietarias dos terreos.

8) CORRUPCIÓN:

  • “Proxecto estratéxico”: o que o gobernante queira.

  • “Utilidade pública”: Abondarán 20m € para o teu proxecto.

  • Se tes cartos o teu proxecto poderá ser máis útil que as augas.

  • Enerxía e Minas aos mandos da Xunta.

9) ACAPARACIÓN DO SOLO AGRÍCOLA:

  • Desregulación de Montes.

  • Pasarán por riba dos dereitos dos donos dos terreos.

  • Proxecto planeado = Terra expropiada.

  • Se non hai informe de Augas, abondará o que diga a mineira.

10) A MADEIRA EN MANS DOS GRANDES COMO ENCE:

  • A autorización explotación forestal non será necesaria para eucaliptos.

  • Tamén en Rede Natura e servidume de costa.

  • Non precisarán informe de Patrimonio.

  • Abondará con declaración responsable”

Fonte: Contraminacción, Ecoar.

http://bit.ly/2im4Quo

 

Evento: http://bit.ly/2im4Quo

Máis información en:http://www.contraminaccion.org/depredacion/

Proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia: http://bit.ly/2ysuunN

Twitter: @LeiDepredaciónGaliza

#QueimanGaliza vs #ArdeGalicia #FeijooDimisión #LeiDepredación #RajoyDimisión #Recortes #LumeNuncaMáis #EucaliptosFora #Árdenós

Deixa un comentario