(Actualizado) Atopan o corpo sen vida do compañeiro Santiago Maldonado [Arxentina]

Unha das manifestacións pola aparición de Santiago en Arxentina.

Hai un par de días atopouse un corpo na orilla do río Chubut no Pu Lof mapuche en Cushamen, a 70 metros  de onde se levaran a Santiago, compañeiro anarquista (non só un artesán, como a prensa de esquerdas pretendía presentalo), o 1 de agosto tras a invasión da xendarmería arxentina no territorio mapuche, onde el e outras persoas facían resistencia ó Estado arxentino e ó Capital, personificado esta vez en Benetton, empresa que ten como obxectivo o expolio da terra mapuche para a explotación animal para a obtención de la.

Mentres escribo isto, hai poucas horas que a familia confirmou ás portas da morgue xudicial da Corte Suprema de Xustiza en Bos Aires, que o cadáver tratábase do de Santiago. O seu fillo. O seu Irmán.
Recoñeceron as súas tatuaxes e non lles cabe duda algunha, mais nuns días saíran as probas de ADN para a confirmación oficial.

Buzos buscando o corpo de Maldonado, poucos día antes da súa aparición.

A zona fora inspeccionada tres veces, incluíndo con cans entrenados para atopar rastros humáns e con buzos. Estas tres veces non se atopou rastro algún e a última vez acontocera dous días antes de que se atopara o corpo… sospeitoso? O pobo mapuche afirma que “o corpo foi plantado” e a familia tamén consideran extrañas as condicións en que o encontraron.

 

Ata aquí a información oficial. Agora vou dicir o obvio, o que aínda a día de hoxe algunhas persoas din en baixiño:
A xendarmería irrumpiu hai 82 días nun poboado mapuche en Cushamen co único obxectivo de reprimir á poboación indíxena e aos que resistían con ela. No proceso, secuestraron a Maldonado e o levaron nunha furgoneta negra. A partir dese día, a familia e amigues de Santiago esixiron explicacións mais a policía fíxose a tola (non lle resultaría moi difícil). Hai uns días apareceu o corpo de Santiago nun sitio onde non estaba antes, se sumamos dous e dous a explicación máis lóxica é que foi asasinado pola xendarmería arxentina (sicaria neste caso de Benetton), amparada e encuberta polo Estado arxentino.

 

Isto pasa nunha república, nunha democracia. Non hai que viaxar 60 anos ó pasado ou vivir unha ditadura. Tamén quero lembrar que a de Santiago non é a primeira desaparición forzada dende a democracia en Arxentina: son aproximadamente 200 persoas desaparecidas dende a democracia, entre os que se atopaban Miguel Bru, Julio López ou Luciano Arruga, nomes que son insvisibilizados dende 1983 por distintos partidos políticos. Mais dende aquí pídovos que xamáis esquezamos un rostro, xamáis esquezamos un nome.

Deixamos aquí un enlace a un comunicado da familia de Santiago tras a súa apareición.

Nada máis que dicir, moito ánimo á famlia, amigues e compas de Santiago, que esta desgracia se transforme en raiba que alimente o lume no seus corazóns e nas rúas.

ARRIBA A LOITA DO POBO MAPUCHE!!!

2 thoughts on “(Actualizado) Atopan o corpo sen vida do compañeiro Santiago Maldonado [Arxentina]

Deixa un comentario