Ataques incendiarios contra a residencia de Feijoo e varios caixeiros en Compostela

Segundo recolle a prensa comercial, varios caixeiros automáticos de Santiago de Compostela, así como a entrada da vivenda do presidente da Xunta, foron atacados con cócteles molotov nas madrugadas dos días 17 e 18. Na primeira ocasión, sobre as cinco da mañá, unha persoa lanzou un artefacto incendiario contra a residencia de Nuñez Feijoo en Monte Pío, para logo, e sempre segundo a prensa, calcinar tres caixeiros automáticos no ensanche compostelán. A noite seguinte, outro caixeiro sufriu un ataque de similares características entre Rosalia de Castro e Romero Donallo.
Ata onde nós sabemos ninguén reivindicou aínda a autoría destes ataques, pero parece significativo que o primeiro deles producírase o mesmo día das mobilizacións contra a vaga de lumes que arrasaron Galiza durante esta fin de semana. De todolos xeitos, e ante a falta de reivindicación dos feitos, aínda é cedo para facer maiores conxecturas.

Deixa un comentario