Xornada Contrainformativa no CSO A Insumisa

Vaise tensando o ambiente pola aproximación da data dun posible dealoxo pola adxudicación da obra no CSO A Insumisa, e, ante o asedio mediático dos xornais galegos, as persoas da Insumisa decidiron organizar unha xornada de visibilización de caracter contrainformativo para que a xente coñeza realmente o espazo e as actividades que organizan en vez de desinformarse coas mentiras de “xornais” como La Voz de Galicia (entre outros).

A xornada comezará ás 12:00 e conta con xogos, mesas de colectivos galegos, unha mostra de actividades e obradoiros do centro, unha subasta de arte solidaria de distintes artistas e unha palestra de presentación (de primeira man) do libro dun dos líderes do movemento polo confederalismo democrático no Kurdistán. A xornada continuará pola noite con varios concertos como o de Bento Veloso, Bonito Collar e, en exclusiva, aínda que con mágoa, o derradeiro concerto dos coruñeses The Fulans!

Aquí os horarios (os que son no exterior faríanse nun espazo cuberto en caso de choiva):

  • 11:30 Actividades infantiles con Leticia Miranda (exterior)
  • 14:30 Xantar popular vegano (exterior)
  • 16:30: Palestra-presentación de libro de Öcalan sobre o confederacionalismo democrático no Kurdistán e o sistema capitalista occidental (exterior)
  • 18:00 Exposición de información sobre centros socias e colectivos de Galicia. Máis tarde haberá unha mesa redonda (cafeta)
    18:00 Demostración de break dance e swing (ximnasio e exterior)
  • 19:30 Ioga (ximnasio)
    19:30 Teatro (sala de concertos)
  • 20:30 Presentación e mesa redonda de colectivos e centros sociais de Galicia e subasta solidario (sala de concertos)
  • 21:30 en adíante: concertos e pinchada

Vémonos alí!

Deixa un comentario