[Compostela] Semana cargadiña de actividades e manifestación o domingo 22

Esta semana ven cargadiña de actividades na cidade compostelana. Como xa viñéramos adiantando a semana pasada na nosa axenda da columna dereita, teñen lugar a XXV edición das Xornadas Libertarias da CNT compostelana de luns a xoves, 16 a 19 de outubro, a partir das 19:00h na facultade de filosofía:

Chega uma nova edição das Jornadas Libertárias de Compostela, este ano com a participação de Patricia Janeiro, Carlos Taibo, X. Silveira e Iria Presa. 
Decorrerão na Faculdade de Filosofia da USC durante os dias 16-19 de outubro e iremos aquecendo o outono com «A hotelaria mata», «Anarquismo e Revolução na Rússia», «Mercantilização turística do rural» e «O ronsel anarquista de Manoel António».

Máis info: https://www.facebook.com/events/373395996423321/?acontext=%7B%22action_history%22%3A%22[%7B%5C%22surface%5C%22%3A%5C%22page%5C%22%2C%5C%22mechanism%5C%22%3A%5C%22page_upcoming_events_card%5C%22%2C%5C%22extra_data%5C%22%3A[]%7D]%22%2C%22has_source%22%3Atrue%7D

Tamén o 19 de outubro terá lugar no CSA do Sar a partir das 20:00h a presentación do fanzine “Crónica dunha viaxe sen retorno” e posterior ceador vegano destinado a financiar o proxecto editorial de Abordaxe!

Este xoves ás 20h no CSA do Sar, algunhas individualidades anarquistas presentan a edición en galego do texto “Crónica dunha viaxe sen retorno”, do anarquista preso grego Nikos Romanós. 
Tamén se dará información sobre o caso dos atracos en Kozani e da situación dxs companheirxs presxs, haberá coloquio debate e distris de material antiautoritario. 
E pra non pasar fame, ceador vegano! 
O recadado destinarase a financiar o novo proxecto editorial de Abordaxe. 
Esperámoste!

Mais info: https://www.facebook.com/csadosar/photos/gm.1681220928608156/849398995223308/?type=3&theater

Tamén o mesmo xoves 19 de outubro, ás 20:00h na praza cervantes, terá lugar unha concentración protestando pola entrega do premio da concordia a Unión Europea, organizada pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas considera que hai razóns suficientes para calificar como unha absoluta vergonza a concesión do premio da concordia que otorga a Fundación Princesa de Asturias á Unión Europea, mentres que as súas respostas fronte ás persona migrantes e refuxiadas, sepáranse cada vez máis dos seus valores fundacionais, e atente contra os dereitos de millóns de persoas

Máis info: https://www.facebook.com/events/121836795176202/?acontext=%7B%22action_history%22%3A%22[%7B%5C%22surface%5C%22%3A%5C%22page%5C%22%2C%5C%22mechanism%5C%22%3A%5C%22page_upcoming_events_card%5C%22%2C%5C%22extra_data%5C%22%3A[]%7D]%22%2C%22has_source%22%3Atrue%7D

E para finalizar a semana, o domingo 22, terá lugar a manifestación “Galicia di non a lei depredación”

Manifestación contra a Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais (LIIE),unha lei que facilita ás multinacionais a depredación da nosa terra. Esta lei pode supor unha auténtica Lei de Depredación de Galicia xa que pretende desregular ámbitos como o eólico, forestal, mineiro, usos hidráulicos, cooperativas, etc, constituíndo a aprobación de varias leis nunha, tratando de eliminar calquera debate público sobre temas que requirían dun amplo consenso social e político. Supón, ademais, unha ameaza absoluta ao conxunto da poboación que podería verse sometida a un uso abusivo e xeralizado da lei de expropiación para favorecer iniciativas privadas de grandes empresas coa protección do goberno galego. Cunha lei como a que se pretende aprobar será practicamente imposíbel facer defensa do patrimonio ambiental galego.

Máis info: https://www.facebook.com/events/1968598870094767

Deixa un comentario