[Italia] Convocatoria de Solidariedade Internacional o 16 de novembro de 2017 — Xuízo «Scripta Manent»

O 16 de novembro, ás 10 horas, ante o tribunal de alta seguridade de Turín, celebrarase a primeira audiencia do xuízo «Scripta Manent». Será un caso de longa duración no que 22 compañerxs anarquistas están acusadxs, e sete delxs aínda están en prisión.

O aparello represivo do Estado acusa a unha parte do movemento anarquista de atacarlle coas prácticas de: acción directa destrutiva contra as súas estruturas e os seus homes, a realización e distribución de publicacións anarquistas e apoio axs prisionerxs revolucionarixs.

A teoría do fiscal Sparagna é que as posicións dxs compañeirxs acusadxs son illadas e distantes do contexto anarquista. É un intento flagrante de faccionar e confinar o anarquismo a certos recintos pechados, legais e interpretativos.

Nós demolemos o intento de illar a estxs compañeirxs, afirmamos que a prácticas e cargos dxs que son acusadxs constitúen un patrimonio de todxs xs anarquistas e revolucionarixs, e reafirmamos a nosa proximidade e a nosa solidariedade cxs acusadxs.

Facemos un chamado para participar na concentración do xoves 16 de novembro ás 10 da mañá, fronte ao tribunal de alta seguridade do cárcere «le Vallette» en Turín, e reafirmamos o chamamento á solidariedade internacional con todxs xs prisionerxs anarquistas, rebeldes e revolucionarixs en calquera lugar e de acordo coas modalidades que cada persoa considere máis apropiado.

Deixa un comentario