Falemos do fascismo moderno

Falemos do fascismo moderno 

Actualizando a nosa análise e organizando a guerra contra as súas raíces e non só contra os fascistas declarados
Publicado orixinalmente na páxina web da colectividade anarquista de Volos Manifesto.

Catro anos despois do asasinato do antifascista Pavlos Fyssas por un batallón de asalto dos neonazis de Aurora Dourada

“Non loitamos contra o fascismo xunto co goberno, senón a despeito do goberno. Sabemos moi ben que ningún goberno no mundo quere esmagar de verdade o fascismo, porque os burgueses necesitan recorrer a el cada vez que o Poder escápaselles das mans”.

Buenaventura Durruti, 1936, entrevista a un correspondente do xornal Toronto Star

Como ocorreu nos casos do 17 de novembro de 1973 (rebelión da Escola Politécnica) e do 6 de decembro de 2008 (asasinato de Grigorópulos polo Estado), cada ano, o 18 de setembro, realízanse marchas e concentracións antifascistas de maneira coordinada, no aniversario do asasinato do antifascista Pavlos Fyssas por un batallón de asalto dos neonazis de Aurora Dourada, o 18 de setembro de 2013.

É un asasinato que naquel entón, non se puido silenciar, a pesar dos intentos coordinados do Réxime e dos seus medios de desinformación masivos de minimizar o seu significado, como pasara varios meses antes no caso do asasinato do inmigrante Sahzat Lukmán por outra banda fascista de Aurora Dourada. Ao final o asasinato de Pavlos Fyssas polos fascistas funcionou como un fito a nivel político e social, así que se retivese a promoción e o desenvolvemento —rápidos naquel entón — do nacionalismo e do fascismo a nivel político no territorio do Estado grego. Ata aquel momento, en varias ocasións os partidos e os medios de desinformación apoiaran directa ou indirectamente aos fascistas de Aurora Dourada, ou máis a miúdo calaran de maneira sonora fronte á operación da súa promoción política e sobre todo da súa legalización social, planificada polo Estado e o Capital. O significado de ducias de ataques (agresións) fascistas dos batallóns de asalto contra inmigrantes, romá, lugares de culto musulmáns, locais e okupas, homosexuais, comunistas, anarquistas e antifascistas, foi minimizado (se a noticia non foi silenciada do todo) polos medios de desinformación masivos, os partidos leais ao Réxime, os madeiros e os fiscais. Estes casos permanecían arquivados, ben pechados nos caixóns dos aparellos represivos do Estado, e finalmente encubertos. Este encubrimento sixiloso dos ataques fascistas era o mellor regalo que lles podería ofrecer (aos fascistas) toda esta chusma do Réxime, así que eles seguían cos seus ataques asasinos, aumentando a súa cantidade e intensidade.

Aquel ano era o terceiro despois da imposición dos memorandos, no marco da re-estruturación capitalista violenta, e dunha operación coordinada de desvalorización rápida e forte do traballo no territorio do Estado grego, planificada e constantemente supervisada polo Capital financeiro internacional (bancos, Banco Central Europeo, Fondo Monetario Internacional, funds) e dos seus representantes políticos. En realidade a pretensión de todos os compoñentes do sistema político burgués, parlamentarios ou extraparlamentarios, dereitistas-neoliberais ou esquerdistas-socialdemócratas, era, é e será o incremento da explotación económica dos estratos sociais inferiores, a reprodución e ampliación da soberanía (dominación) do Capital, “nacional” e “transnacional”, así como a propagación dos conceptos da delegación e do gubernamentalismo, como as únicas alternativas que teñen os oprimidos e os explotados. E como históricamente demostrou no século XX, os fascistas son os mercenarios máis fieis (leais) dos soberanos, servindo de forma constante e consecuente a eles, e axudando aos seus amos para alcanzar os seus desexos ao máximo e o máis rápido posible.

Co asasinato de Pavlos Fyssas cambiou radicalmente o “ambiente” na sociedade, sobre todo despois das manifestacións combativas realizadas uns días despois do asasinato, e despois dos enfrontamentos xeneralizados na rúa entre os antifascistas e a colaboración entre os batallóns de asalto fascistas e a Policía. Decatándose de que, por mor daqueles feitos, o antifascismo combativo ía adquirindo unha legalización na sociedade e un discurso cara a ela, e temendo unha repetición dos feitos do 6 de decembro de 2008, cuxa continuación sería incontrolable, os partidos leais ao Réxime e os medios de desinformación, cambiaron de táctica. Despois de proceder a chorar con bágoas de crocodilo polo mozo asasinado, enseguida adoptaron de maneira coordinada o “antifascismo institucional” hipócrita do denominado “arco constitucional”. A democracia burguesa trataba de atraer a atención, pretendendo recuperar a legalización social a nivel comunicativo, con varios pretextos e vestindo o seu traxe “antifascista”. Co seu ben coñecido tacticismo de camaleonte, o Réxime retrocedeu durante un tempo, “puxo no conxelador” aos fascistas con procesos xudiciais, sen deixar, desde logo, de integrar na súa retórica unha versión actualizada da teoría ben coñecida dos “dous extremos”, con constantes mencións a ela, co fin de desprezar a nivel político ante os ollos dos estratos sociais máis baixos os grupos antifascistas combativos que durante moitos anos deran moitas batallas, facendo fronte e retendo aos fascistas na rúa. Trátase dunha guerra que estaba en curso tras o escaparate da “prosperidade nacional” e tras a versión brillante da “Grecia moderna”.

O Sistema montou un longo xuízo-lavadora dos fascistas, co fin de tranquilizar as reaccións sociais despois do asasinato de Fyssas. Hoxe, catro anos despois, toda a cúpula ex encarcerada da organización fascista (líder, deputados, membros seus e xuntos con eles o asasino neonazi Rupakiás) está excarcerada. Os autores por comisión e por complicidade do asasinato de Fyssas e de decenas de agresións fascistas, gozan da protección do Sistema. O xuízo montado despois do asasinato de Fyssas avanza o máis amodo posible. A tarefa que teñen que levar a cabo as forzas políticas leais ao Réxime, o aparello estatal e o Capital, é a conversión paulatina, baixo condicións de chantaxe política, de Aurora Dourada nun partido parlamentario “fiable” e “serio”, como o partido de Lepen, listo para participar de forma “responsable” nalgunha coalición gobernamental, ou para apoiar a tales coalicións. Tales colaboracións serán necesarias para poder xestionar politicamente o empobrecimiento e a indixencia cada vez máis estendidos dos estratos sociais máis baixos, baixo o réxime da desvalorización constante do traballo. Neste xuízo non se pon en dúbida o racismo e o nacionalismo. Durante moitas décadas o “fracaso”—negación do compoñente xudicial do Sistema de poñer ás organizacións fascistas fora do marco constitucional, confirma que as súas raíces están no Estado. Como ocorre con todos os Estados a nivel mundial, desde a súa fundación o Estado grego incorporou e reproduciu o conxunto dos principios autoritarios que posteriormente constituíron as raíces do fascismo político: Explotación de clase, racismo, nacionalismo, patriarcado.


Traducido do castellano da web: verba-volant.info

One thought on “Falemos do fascismo moderno

Deixa un comentario