Así foi a concentración antifascista de onte na Coruña

A ignorancia non entende de idades.

Isto é o que se atopaba un ó chegar o Obelisco onte 11 de outubro ás 20:30: persoas de todas as idades (aínda que a maioría vellas, como era de esperar) sostendo globos vermellos e amarelos e bandeiras de España ou usando estas como capa (seguramente mercadas nos comercios chinos, non sorprendería incoherencia dese calibre de parte desta panda de descerebradxs). Tamén dispoñían dun pequeno equipo de música co que reproducían de cando en vez o himno de España, “Y viva España” e outras cancións propias da poboación fascista rancia.

Obviamente, aínda que ó terceiro intento saíulles unha concentración decente (todo hai que dicilo), outras tantas persoas asistimos tamén á convocatoia de Acción Antifascista Coruña, de maneira individual ou colectiva. Na parte da contra-manifestación podíase distinguir unha pancarta que poñía “contra o fascismo nin un paso atrás” e agunhas bandeiras catalanas e galegas independentistas, aínda que foi xente de outras ideas tamén a facer piña, como foi o meu caso.

Na pancarta: “Contra o fascismo nin un paso atrás”

Por suposto, tampouco podían faltar as forzas represivas do estado e nos atopamos con varios antidisturbios enfrontando as persoas que víñamos a mostrar a nosa repulsa ante tal exhibición de fascismo. Agora mesmo non sabería dicir quenes eran máis, se eles ou nós, xa que nós estábamos comprimidos pola forza policial.

 

O ambiente íase caldeando pouco a pouco, nalgunhas ocasións dirixíronse insultos hacia individuos concretos por ambas partes (algún vello fascista o tomaba moi a peito) e os mercenarios íanse aproximando cada vez máis á pancarta, tendo claro a quen lamberlles os pés.

Monicreques do Estado fronte xs antifascistas.

Entre as consignas que se cantaban na parte antifascista estaban “fora fascistas dos nosos barrios”, “Coruña será a tumba do fascismo”, “esas bandeiras son dos chinos”… Mais a maioría consistían en chamar “hijos de puta” aos de díante, polo que me gustaría aproveitar para facer unha chamada á reflexión e a autocrítica sobre as frases que se cantan para procurar deixar de lado os cánticos machistas e putófobos, pois creo que non é necesario recurrir a nai de ninguén nin utilizar o traballo sexual como insulto que reforza o estigma das persoas que traballan nese campo para atacar o fascismo. Non o digo como un ataque ó colectivo antifascista, ó que agradezo a movilización, mais varias persoas non sentimos que rematáramos de encaixar na concentración por este tema.

Pouco máis que engadir, ó cabo dunha hora, máis ou menos, os ánimos foro apagándose e a xente comezou a marchar en grupo. Varixs de nós marchamos á Insumisa a disfrutar do concerto solidario cxs represaliadxs polo Escarnio.

Na miña opinión saíu ben, fíxose ruido e deixouse claro que o fascismo en Coruña non pode campar como lle pete, sempre terá resposta por parte das persoas que defendemos a liberdade e rexeitamos a quenes queren reprimila.

J.

Deixa un comentario