Nova concentración antifascista na Coruña

A recentemente reconstituida “Acción Antifascista Corunha” convocou novamente unha concentración “Pola liberdade de expresión e a autodeterminación dos pobos” mañá, día 11 de outubro, ás oito e media no Obelisco da Coruña. A protesta coincide unha vez máis (crónica da anterio aquí) cunha convocatoria da dereita máis rancia e reaccionaria “en defensa de la patria común e indivisible de todos los españoles”. A convocatoria carca volve a ser cousa do “Foro LC” unha suposta ONG que se define a si mesma como “humanista cristiá” e “liberal conservadora”. Parece ser que coa súa convocatoria, a parte de protestar contra a secesión de cataluña, pretenden tamén festexar o día da hispanidade, que é a reivindicación do “descubrimento” de américa (descubrimento por dicir algo, porque os que alí vivían xa a descubríran antes) e os consecuentes 525 anos de xenocidio indíxena. Unhas auténticas xolliñas, estes do foro lc.

Despois da concentración (e sen que teña nada que ver con ela) quen queira poderá disfrutar do concerto de Folkólikos e K-dukaos en solidariedade cos represaliados do C.S.O. Escarnio e Maldizer, que se celebrará no C.S.O. A Insumisa (rúa metrosidero sen número) e que atrasará un pouco a súa hora prevista de inicio para non pisar esta convocatoria antifascista.

Deixa un comentario