Fuga no CIE de Aluche (Madrid) ou cómo 46 persoas respiraron liberdade

Foto das persoas encerradas no CIE de Aluche reclamando liberdade o 19/10/16.

Onte ás 21:20 varias persoas presas no CIE de Aluche, pode que aproveitando a movilización dunha gran parte das forzas represivas do Estado a Cataluña, decidiron emprender unha fuga dirixíndose do patio á saída do cárcere (ou “centro” como din quenes queren endulzar a represión xenófoba que sofren estas persoas). Conseguiron forzar a porta da saída (ferindo levemente 2 carceleiros no proceso) cunha avalancha humana, chegando así a fugarse 46 internos.

Lamentablemente, conseguiron capturar de novo a 29 destes 46 pois movilizáronse algúns antidisturbios, a UIP (Unidade de Intervención Policial) e a UPR (Unidade de Prevención e Reacción).

Actualmente aínda quedan 17 persoas en orde de búsqueda e captura ás que lles desexamos toda a sorte e moito ánimo!

Ningún Ser Humano é ilegal!

LONGA FUGA!!!

Deixa un comentario