Crónica da resposta antifascista á concentración de vellos nostálxicos españolistas (A Coruña)

O pasado xoves, un cento de vellas glorias do máis recalcitrante españolismo coruñés citáronse fronte ao obelisco, coma se fose unha excursión do IMSERSO, para defender a unidade de españa. Un nutrido grupo de antifascistas responderon o acto cunha contramanifestación de protesta.

Se a pancarta facha, defendida por furibundas velliñas enarborando bandeiras “rojigualdas”, chamaba a manter a unidade da patria indivisible dos españois; a dos antifascistas (que ben puideran ser os fillos, ou mesmo os netos, dos anteriores) rezaba; “Fascistas non, nin nas urnas nin nos barrios”. No medio, unha ducia de antidisturbios separaban ambas concentracións. E digo antidisturbios porque así ían vestidos, porque pola idade, complexión e aparencia, calquera diría que os madeiros, ao mandar a todolos efectivos a cataluña, víronse na obriga de vestir con roupa antimotins aos oficinistas que despachan os carnés de identidade. Aínda así tiveron bastante traballo evitando que velliñas patrióticas, en divina cruzada contra o separatismo ateo, atacasen a bandeirazos á indefensa e lozana mocidade antifascista. Os castizos vivas á garda civil contestáronse con irónicos vivas ao sintrón, e as deliciosas saídas de ton dos nostálxicos do réxime, que non perdían ocasión de tentar coarse entre os policías para increpar aos manifestantes, puxeron a nota de cor ao curioso espectáculo.

Finalmente empezou a facerse tarde para que xente de certa idade pasee polas rúas, e houbo que poñer fin ao singular careo entre as “dúas españas” (que aínda seguen séndoo, por moito que non todas estean agusto alí metidas, no futuro xa se verá).
E colorín colorado, acabou o conto… polo de agora.

Informa Jack Espárrago para A Irmandade da Costa

Aquí podedes ver o video da xornada elaborado polos compas de Galiza Contrainfo.

P.D.- As fotos son de “La Coz de Malicia”, pero xa que eles non se cortan un pelo en roubar imaxes do interior das okupas da internet, pois nós facemos o propio coas súas.

One thought on “Crónica da resposta antifascista á concentración de vellos nostálxicos españolistas (A Coruña)

Deixa un comentario