[Vigo] Así foi a concentración pola desaparición de Maldonado

Onte estivemos na concentración organizada en Vigo dende CNT-Vigo, Grupo Axitación Social, (GAS), Grupo Accion Directa-FAI e Red Roja pola desparición do compañeiro Santiago Maldonado.

Comezou ás 13:00 na porta do consulado arxentino. Éramos algo máis de vinte persoas cun megáfono, un par de bandeiras negras (recordamos que o compañeiro Santiago é tamén anarquista, aínda que esto sexa totalmente irrelevante á hora de mostrar o noso apoio) e unha pancarta onde podíase ler “SANTIAGO MALDONADO APARICIÓN CON VIDA XA!”.

Empezouse recordando ás transeúntes o caso de Maldonado, que el non é o primeiro desaparecido e que a loita pola supervivencia do pobo mapuche xa ven de hai tempo. Increpouse ó Estado arxentino como responsables da súa desaparición ata o día de hoxe e reclamouse a súa aparición con coletillas como “O Estado arxentino é o terrorista”, “Onde está Santiago Maldonado?”, “Vivo o levaron, vivo o queremos”.Tamén procedeuse a repartir unhas octavillas entre as persoas que circulaban pola calle, as cales algunhas paraban para informarse máis.

O ruido non pasou desapercibido, pois non tardou en comezar a merodear pola zona un coche da Policía Nazional, que aparecía de maneira esporádica e intermitente nos extremos da rúa ou circulaba pola mesma bastante despacio, pero non chegaron a baixarse do seu vehículo e a manifestación seguiu seu curso ata un posto de Benetton, bastante preto do consulado.

Unha vez chegouse ó comercio, xs participantes puxémonos díante do mesmo para culparlles do espolio ó pobo mapuche, recordando mediante outro breve comunicado que a causa da invasión do poboado onde estaba Santiago foi polos intereses económicos desta multinacional millonaria, que ten como obxectivo a explotación de ovellas.

Despois dun anaco, tras visibilizar este crime de Estado e o dano que fai o capitalismo a través de empresascomo Benetton, recolleuse a pancarta e disolveuse a concentración, non sen antes despedirnos dxs compañeirxs vigueses e intercambiar contactos con elxs para estar ó tanto das cousas que están a organizar nun futuro, as cales organizaremos por aquí próximamente!

Por último, dende aquí animamos a facer boicot a Benetton da maneira que cada persoa considere oportuna.

Arriba a loita do pobo mapuche!

Deixa un comentario