[Compostela] Presentación do libro “Diario e Ideario de un delincuente… y otros textos”, de Gabriel Pombo da Silva.


Xoves 5 de Outubro ás 20.00 horas no CSA do SAR.

Presentación do libro “Diario e Ideario de un delincuente… y otros
textos”, de Gabriel Pombo da Silva.

Gabriel pasou case 30 anos da súa vida en prisión, vinte deles en
cárceres españolas, afrontando un amplo abanico de castigos por non dobregarse ás esixencias do Estado. Guerreiro infatigable dentro e fora dos muros, nunca abandonou a loita anarquista.

No seu paso por prisión escribe este libro, que consta dunha serie de pequenos ensaios que nos achegan ao seu pensamento insurrecto. A primeira edición realizouse tras un esforzo colectivo de varios grupos que loitan contra as prisións, nun exercicio de ruptura dos muros que nos separan dxs nosxs compañeirxs presxs, tratando de sacar a súa voz ás rúas.

As cadeas son centros de exterminio, parches pra tentar tapar as fallas do sistema de dominación capitalista, pra que vivamos no terror e nos sintamos incapaces de vivir unha vida por nós mesmas, para nós mesmas.

En xuño de 2016 produciuse a súa excarceración e, con ela, esta nova edición que contén ademais do antes mencionado, unha serie de escritos seleccionados especialmente polo propio Gabriel, que tentan achegarnos novos debates en torno ao pasado e o devir anárquico.

Despois da charla e da presentación haberá ceador vegano onde poderemos seguir compartindo ideas e sentires.

Deixa un comentario