[Vigo] Concentración pola desaparición de Santiago Maldonado

Dende CNT-Vigo, Grupo Axitación Social, (GAS), Grupo Accion Directa-FAI e Red Roja, convocase unha movilización diante do Consulado Xeral de Arxentina en Vigo,(R/ López de Neira nº3), para protestar pola desaparición forzada de Santiago Maldonado a mans das forzas de seguridade arxentinas, o próximo Venres día 29 de Septembro ás 13:00 h.

A movilización consistirá nunha concentración diante do devandito consulado, a entrega dunha carta aberta ao consul, na que se deixará constancia da nosa absoluta repulsa tanto á desaparición de Santiago Maldonado e á durísima represión á que está sometido o pobo Mapuche, e a continuación a movilización se trasladará ata os establecementos comerciais de Benneton (R/Príncipe nº 19), pois entendemos que son complices do goberno arxentino, por apropiación ilexítima de terras mapuches para a súa explotación, e financiación de forzas represivas para que rematen dunha vez coa resistencia mapuche.

O acto está convocado para todos os colectivos, asociacións, sindicatos, e persoas individuais, pero queremos pedir que, por favor, de esta vez non se traian as bandeiras das organizacións, por considerar que neste tipo de actos debe prevalecer a soliedariedade internacional e individual.

Contamos coa vosa presencia para dar apoio e visibilidade a esta causa. Santiago Maldonado, aparición con vida xa!

Deixa un comentario