Próximas actividades no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (28, 29 e 30)

Xa anunciamos hai pouco un evento do ateneo libertario coruñés que acontecerá a semana que ven, mais haberá máis cousiñas que poden ser do voso interese que vos deixamos a continuación:

Xa van facer tres anos da desaparición dos 43 estudantes normalistas en Ayotzinapa e queremos manter viva a memoria con este documental realizado tras o primeiro aniversario deste crime de Estado.

“O 27º Batallón de Infantería e outras forzas federais vixíaron cada movemento dos estudantes de Ayotzinapa en Iguala, na xornada do 26-27 de setembro de 2014. Miraronos morir tranquilamente. E ser detidos e levados rumbo a súa desaparición. O longo dun ano, o Exército retivo informacións que posúe, sen axudar a rescatar ós normalistas ou aclarar o seu destino. Non é algo inusual: como instrumentos de represión contra movementos sociais e como cómplices de grupos crimináis, os militares en Guerrero miraron e perpretaron desaparacións, asasinatos, torturas e matanzas ó longo medio século no que dominou a vida local, vinculados en negocios con caciques políticos e xefes do narco. A tráxica noite de Iguala foi a consecuencia dun estado xeral de violencia e imponidade no que as manobras de encubrimento acadan os niveis de goberno máis altos do país, e no que a Procuraduría General de la República non serve pra buscar xustiza, senón pra enganar á sociedade.”

Xa fixemos anteriormente un artigo para este evento en concreto así que non nos estenderemos moito: presentarase a exposición que hai no ateneo (dende hai un tempo xa) que explora mediante a pintura o corpo, a sexualidade e a identidade, cuestionando así aspectos como o binarismo de xénero no que somos educadxs.

Logo haberá concerto do grupo coruñés de folk Prototipo Pornográfico.

 

Trátase dun proxecto internacional que se atopa actualmente en plena campaña de crowdfunding e ten como obxectivo visibilizar a vida das persoas presas. Para isto, recolle testemuñas das mesmas sobre os seus arrestos, o día a día, vivencias, recordos, reflexións…

Xa se realizaron entrevistas en Estados unidos, Puerto Rico e España, mais o proxecto segue medrando.

Unha boa maneira de derrubar o muro da indiferencia tan anclada na nosa sociedad cara as persoas presas.

 

-A mariores, lembramos que no ateneo hai unha biblioteca moi variada onde poderedes encontrar libros ou fanzines de temas como anarquismo, feminismo, liberación animal, movemento obreiro, movemento anticarcelario, loita lgbt+, anticapitalismo, antirrepresión, marxismo…

Algúns están á venda e outro pódense sacar prestados deixando un nome, un teléfono de contacto e unha fianza de dez euros (que naturalmente se devolverá cando o libro volte á biblioteca).

Vémonos por alí!

Deixa un comentario