O enterro de Durruti

Tras a súa morte na fronte, Durruti é trasladado a Barcelona o día 22 para celebrar o seu funeral ao día seguinte. Ás dez horas do día 23 está programado o inicio do enterro, pero xa máis dunha hora antes resulta imposible nin tan sequera achegarse á Casa do Comité Rexional Anarquista da cidade. Unha extraordinaria multitude congrégase ao redor do féretro para mostrar respecto ao seu compañeiro e acompañarlle nos seus últimos instantes. Máis de medio millón de persoas, un de catro barceloneses se arremolinan coa única intención de acompañar ao anarquista. Outros miles flanquean as rúas ao seu paso, asómanse a xanelas e balcóns lanzando flores, mesmo ocupan tellados e altos polo camiño. Os obreiros de todas as fábricas barcelonesas camiñan cos brazos entrelazados, mentres os membros da Columna Durruti transportan ao carricho o cadaleito envolto nunha bandeira vermella e negra. Ao saír do edificio anarquista o féretro centos de miles de persoas levantan o puño e entoan ao unísono o himno revolucionario «Fillos do pobo» formando un espectáculo inmenso. Varias horas despois a comitiva tan só conseguira avanzar apenas uns centos de metros. Ninguén quere abandonar ao compañeiro, que horas despois continúa rodeado de miles de persoas. Miles de flores e cores vindas de todas partes impiden literalmente o paso cara o Cemiterio de Montjuic tomado xa por outras tantas miles de persoas. A última hora da noite decídese pospoñer o enterro ata o día seguinte pola imposibilidade de levalo a cabo.
A persoa que enterraban aquel día non era ningún rei. Ninguén convocara aquela masiva mostra de dor. Ninguén a organizaba, ninguén mandaba. Aquilo tan só era un funeral anarquista. E aínda pode oírse para quen sabe escoitar o estrondo da dor, pero tamén da unidade daqueles Fillos do pobo por sempre.


Por Revista Contrahistoria

Deixa un comentario