Exposición e concerto no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

 

Disforia Culural: Presentación + Concerto

O venres 29 ás 21:00 terá lugar no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº 16, Os Mallos) a presentación da exposición da serie Disforia Cultural da artista coruñesa  Ava Adore Art que explora o nú pictórico fora das nocións tradicionais de xénero e sexualidade.

Eva Arochena e unha artista emerxente que traballa maiormente a pintura ó óleo e a fotografía e de cando en vez escribe teoría. O seu traballo explora a relación entre o corpo, a sexualidade, a identidade e as súas representacións.

Tamén haberá petiscos veganos e tocará Prototipo Pornográfico para animar o venres!

A exposición xa leva uns días montada e poderedes vela ata o 8 de outubro (se vos pasades polas asembleas dos luns ás 21:00 ou por outros eventos que anunciarán na súa páxina Ateneo Libertario Xosé Tarrío).

Para ver o seu traballo:
Ava Adore Art
www.avadoreart.weebly.com

Deixa un comentario