Chegan as multas da manifestación contra o desaloxo do C.S.O.A. Escarnio e Maldizer

O pasado xoves comezaron a chegar as sancións relativas á okupación do colexio Peleteiro, realizada no contexto da multitudinaria manifestación de repulsa contra o desaloxo da okupa compostelá C.S.O.A. Escarnio e Maldizer. Segundo o diario panfletario dereitista “La Voz de Galicia” trataríase de 119 sancións que oscilarían entre os 200 e os 800 euros. Segundo o que puidemos constatar nós polo de agora, están a chegar multas de 800 euros ás persoas identificadas dentro do colexio Peleteiro (que foron 116) por suposta infracción grave da Lei Orgánica 4/2015 36.06 que castiga a desobediencia e a resistencia a autoridade cando non constitue delito penal. Nalgúns casos habería que engadir outra multa de 200 euros relativa a L.O. 4/2015 37.02 que sanciona a “exhibición de obxsctos perigosos para a vida e a integridade física das persoas con animo intimidadtorio” . Desde o facebook do Escarnio convidan @s sancionad@s a poñerse en contacto con el@s a través do correo csoaescarnioemaldizer@riseup.net na procura de xeitos colectivos de afrontar a represión así como de asesoramento xurídico.

Sabiamos que só era cuestión de tempo a chegada destas sancións, por outra banda xa anunciadas no seu día pola delegación do goberno, o que faltaba por confirmar era cantas e por que importe. Aínda é pronto para confirmar nada, pero parece que a suma total das multas roldará os cen mil euros.

Estade atentos, porque é máis que probable o inminente anuncio de convocatorias antirepresivas e próximas mobilizacións.

Seguiremos informando.

 

Deixa un comentario