[A Guarda] 4ª Festa Pirata de Abordaxe!

Difundimos da súa web

ABORDAXE FESTA PIRATA FIN

Tras un parón relevante para o noso proxecto (do que iremos falando nas vindeiras datas), volvemos con novos ventos e a santabárbara cargadiña de pólvora para continuar abordando os buques dos poderosos. Pero antes facemos unha parada estratéxica para aprovisionar nosas bodegas e atoparnos con outros espíritos aventureiros cos que compartir as experiencias das nosas travesías contra toda autoridade. Desta forma queremos convidarvos a todas á nosa 4ª Festa Pirata, unha xornada chea de actividades na que tamén aproveitaremos para presentar a reformulación de Abordaxe! como colectivo editorial. Así que piratas e raqueiras, agardámosvos o vindeiro día 23 de setembro na Guarda, concretamente no CS O Fuscalho, fronte a Atalaia.  A seguir deixamos a programación do evento:

  • 12:00h Xincana Pirata – Busca do tesouro e colectivización –
  • 14:00h Xantar vegano e sesión vermú con Sapoconcho Sem Poncho
  • 17:00h Charla: Historia da piratería na Galiza
  • 20:00h Sopran novos ventos: presentación da Editorial Anarquista Abordaxe!
  • 22:00h Concertos con Euforia – Furnier – Tenue – Mondo Podre

Deixa un comentario