Contrainformación nas rúas a un mes da desaparición de Santiago Maldonado

A un mes da desaparicón do compañeiro Santiago Maldonado sacamos difusión ás rúas, ao noroeste da península Ibérica: a Corunha, cidade portuaria desde a que partiron centos de barcos de inmigrantes a latinoamérica. Pero practicamente nula é a información que a este lado do Atlántico contan os medios hexemónicos. Tampouco esperabamos que fose diferente.

A Europa colonizadora nunca deixou de selo, pero pouco e nada se fala aquí da devastación que multinacionais europeas e os seus aliados os Estados levan a cabo en Sudamérica: ocúltanse tras a careta das ongs e a caridade máis hipócrita e paternalista.

Antes de que os servizos de limpeza da cidade silencien de novo as paredes, algo queda dito sobre o pasado 1 de agosto en que a Xendarmería arxentina secuestrou a Santiago “O Lechu” no Lof de Resistencia Cushamen, e sobre a represión e o espolio constante que enfronta o pobo Mapuche.

En apoio á situación que enfrontan lxs compañerxs en toda a Arxentina, e que se expande rexeitando as fronteiras; en solidariedade coa loita do pobo mapuche máis aló de ningún territorio delimitado polo estado. Polo compañeiro “Lechuga” e todxs xs que loitan contra a dominación.

Deixa un comentario