Actualización sobre a desaparición forzada de Santiago Maldonado “O Lechu” pola Xendarmería arxentina o 1 de agosto 2017

Estamos na derradeira semana do mes de agosto. Vai case un mes que Santiago Maldonado “O lechu”, compañeiro anarquista orixinario de La Plata, foi secuestrado polas forzas represivas do Estado arxentino, na provincia de Chubut, rexión da Patagonia. A impunidade do goberno e da súa man armada continúa intacta. Hipóteses absurdas son inventadas para desviala atención e dar lexitimidade a novas intervencións represivas. Aqui vai unha tentativa de cronoloxía actualizada (non ten como ser breve…) dun novo caso de terrorismo de Estado e criminalización de quen non se somete ao seu dominio.

Día 1 de agosto 2017. Dentro do Wallmapu: territorio ancestral mapuche.

Santiago Maldonado “O Lechu”, é visto por última vez no contexto da invasión ilegal ao Lof de Resistencia Cushamen, comunidade mapuche no movemento de recuperación das súas terras ancestrais, actualmente propiedade da multinacional Benetton.

O operativo de 130 xendarmes entra na comunidade co amparo do xuiz federal Otranto, disparando balas de plomo e goma, queimando pertenencias e casas e agredindo ás persoas. Algunhas mulleres e as crianzas son pechadas nun dos casetos da entrada. O resto de membros da comunidade fuxen e cruzan o río. Dende alí ven como como a xendarmería encontra a Santiago, bate nel e o introduce nunha camión Unimog. Os testigos das comunidade, afirman que estaba alí solidarizándose coa loita mapuche.

O ministerio de seguridade da nación non só defende a intervención ilegal, senon que o mesmo subsecretario Pablo Nocetti (antigo abogado defensor de xenocidas da dictadura arxentina) estaba alí presente. E ademais, coordina as forzas represivas da rexión (xendarmería, policia federal e policia aeroportuaria) na campaña de amedrantamento, agresión e encarceramento dxs membrxs da loita mapuche. O grupo RAM (Resistencia Ancestral Mapuche) vai meses que foi declarado inimigo do Estado, acusado de terrorismo e grupo armado de financiación internacional.

Na operación represiva é incautado o suposto armamento do grupo: varias fouces, serruchos e serras, uns teléfonos móbiles, un machado e unha fonda.

2 de agosto: familia e afíns reclaman a Santiago en tódalas comisarias da rexión: El Bolsón, Esquel e Bariloche. Co apoio de organismos de dereitos humanos presentan tres hábeas corpus ante o xulgado federal, que serán tramitados en mans do xuiz Otranto, o mesmo que deu man aberta para a invasión do Pu Lof.

4 agosto: Atácase a sede da casa de provincia de Chubut, na cidade de Bos Aires, pedindo a aparición de Santiago.

5 de agosto: lévase a cabo o primeiro rastrillaxe no Pu Lof, sen ter dado aviso á comunidade, e por protexer a súa seguridade son acusados de obstaculizar a investigación e non colaborar. Os resultados do rastrillaxe confirman que Santiago estivo alí.

A solidaridade, en forma de accións directas, manifestacións e reclamos de asociacións de dereitos humanos e movementos sociais espállase por todo o territorio arxentino. As mostras de raiba e accións fora da legalidade represiva son expostas nos medios como actos vandálicos e terroristas, e usadas como xustificación para continuar cos procesos represivos.

7 de agosto: acontecen as primeiras manifestación en todo o país. Tanto en Bos Aires como en outras cidades acontecen mostras de raiba contra as forzas represivas. Son condenados como actos vandálicos e relacionados coa loita mapuche.

Dúas manifestantes son detidas na cidade de Mendoza.

9 de agosto: A policía federal entra en dous centros autoxestionados de Rio Negro. Compañeiros e compañeiras describen o estado de militarización no que se atopa a rexión.

10 de agosto: despois de 10 días rexístranse os escuadróns de xendarmería que participaron no operativo. Nun procedemento cheo de irregularidades as camionetas aparecen impecablemente limpas, rota unha faixa de seguridade que cercaba unha delas, e restos de sangue e pelos noutra delas. Non voltan a dar declaración respeito a estas probas

O goberno continúa negando o feito dunha “desaparición forzada”. A investigación lévase a cabo baixo a carátula de procura de “persoa extraviada”.

O ministerio vai días que ofreceu unha recompensa por información, o que desencadea distintas hipóteses e declaracións falsas que sitúa a Santiago en varias provincias e fóra do país. Todas se demostran falsas.

Ese mesmo día e sen orde xudicial, a policía federal entra na Biblioteca Popular del Río (El Bolsón), e na vivenda posterior, onde vivía Santiago. Un forte dispositivo amedrentoa o bairro como parte da campaña para criminalizar o movemento libertario e a loita dos pobos indíxenas.

11 de agosto: acontecen manifestacións en todo o país, a resposta social é moi intensa e a manipulación mediática para facer campaña política tamén: dous días despois serán as eleccións primarias. Seu irmán lee na Praza de maio un escrito atopado entre as cousas de Santiago, no que mostra o seu desprezo ó estado e ó sistema político opresivo capitalista.

A ministra de seguridade Patricia Bullrich, da unha roda de prensa na que continúa afirmando que non hai probas de que a xendarmería teña levado a Santiago, que desaparecen persoas todo o tempo no país e que o pobo mapuche quere instaurar un estado independente e anárquico dentro das fronteiras do país. Di que chamar ao caso de “desaparición forzada” é toda unha construcción que oculta vontades políticas.

14 de agosto: Tres membros da comunidade Pu Lof declaran como testigos protexidos. Sen desvelala súa identidade por obvia situación de vulnerabilidade, contan os feitos xa relatados de como foi a brutal invasión e como viron que secuestraban a Santiago.

15 de agosto: Xendarmería entrega una lista dos nomes dos 130 xendarmes que participaron no operativo represivo, reclamados xa vai mais dunha semana.

16 de agosto: o Pu Lof volta a ser invadido. Esta vez, dúas mulleres mapuches e as crianzas aturan o despliegue monumental da forzas represivas, que describe a APDH (Asamblea Permanente polos Dereitos Humanos), alí presente: Policía Federal e Aeroportuaria, criminalística e Pefeitura naval. 25 vehículos. Un helicóptero, un dron, buzos e embarcacións. 400 integrantes das forzas represivas cos seus equipamentos militares. O xuiz Otranto.

Mais tal operativo nen cruza á otra beira do río, detalle importante, pois unha das hipótesis que defendía o goberno é que Santiago tería cruzado e fuxido polo río, ou se afogado nel. E acusaran á camunidade de non permitirlles chegar a aquela zona no primerio peritaxe.

O mesmo día a ministra Bulrich, nunha exposición ante a comisión de seguridad do senado nacional, desvela públicamente os datos persoais dun testigo “a resgardo” polo Estado. Amigo de Santiago, chamouno ao teléfono 24 hrs depois da desaparicón e asegura que contestaron durante 22 segundos, oíndose silenzo e pasos.

O ministerio continúa sacando novas hipóteses para desviala atención. A última: que Santiago puido ser apuñalado nun enfrontamento cos vixiantes do posto de terras de Benetton, cando foi incendiado, supostamente pola RAM. Claro, tódalas hipóteses lanzadas polo Goberno confirman as súas propias teorías: anarquistas e indíxenas son terroristas e cabe unha forte campaña de persecución, que de feito leva xa tempo acontecendo.

En xuño deste ano o líder da comunidade Facundo Jones Huala foi detido por segunda vez e sometido de novo a un proceso xa derrogado por ter varias irregularidades, entre ellas tortura e espionaxe ilegal. Os protestos reclamando a súa liberación son parte clave en todo este caso e excusa para o desencadenamento da invasión da comunidade o día 1. O día anterior (31 de xullo) 9 persoas foran detidas na cidade de Bariloche nun protesto pola detención ilegal do Lonko, nese momento en folga de fame.

A día 25 de agosto: a fiscal pide cambiala carátula do caso a “desaparición forzada”, pois afirma que cumple os elementos que definen a figura según a ONU: participacións dos axentes gubernamentais, privación da liberdade e negativa a revelalo paradeiro.

Se isto vai supor ou non algún cambio no proceso de investigación non se sabe.

Según datos da Coordinadora contra a Represión Policial e Institucional van 200 desaparicións en goberno democrático. A de Santiago declárana a primeira nun contexto de represión de protesta social.

A loita mapuche non para de declarar que son moitos os desaparecidos na súa loita e que a situación de amedrantamento e agresión polas forzas de seguridade do estado, é cotidianidade para eles.

As mostras de solidaridade se expanden: manifestación, pancartas, difusión de información. Tamń as accións directas contra os organismos representantes dos gobernos.

O 1 de setembro está convocada unha Xornada Solidaria por Santiago Maldonado, a liberdade de Facundo Jones Huala e de tódolxs presxs mapuches e da loita indíxena.

Que se espalle a solidaridade e a loita.

O Capitalismo mata e o Estado tamén.

Benetton e o Goberno Arxentino son responsables do secuestro de Santiago.

Para mais información sobre o caso

https://www.lavaca.org/

http://kaosenlared.net/argentina-cambia-desaparicion-forzada-estado-santiago-maldonado/

https://latinta.com.ar

https://www.pagina12.com.ar/

https://es-contrainfo.espiv.net/2017/08/25/argentina-llamado-a-jornadas-por-santiago-maldonado/

e sobre a loita mapuche

http://www.mapuexpress.org/?cat=2091

https://porlatierraycontraelcapital.wordpress.com/

https://www.facebook.com/ApoyoMap/

http://www.resumenlatinoamericano.org/2017/08/25/nacion-mapuche-mensaje-de-facundo-jones-huala-para-las-asambleas-villeras-resistencia-ancestral/

Deixa un comentario