Homenaxe a Mella, terceiro volume de epifanías libertarias

Convidamos a ler o que é ja o terceiro volume de epifanías libertarias. Para acceder o artigo completo visitade este enlace: https://iriaboomdias.wixsite.com/epifaniaslibertarias.

Dende onte -13 de agosto de 2017- está en liña “A Homenaxe a Mella”, o terceiro volume das Epifanías Libertarias, xunto con dous apéndices documentais a libre descarga: o “Apéndice RicardoMellano I” e máis o “Apéndice Californiano: DOE Library” ao VOL. 2. 

Desta volta, comezamos recordando o traballo de José Villaverde como promotor da edición do Ideario de Ricardo Mella, para despois mergullarnos  na vida de Mella dende os seus primeiros escritos coñecidos (1880) até o final da súa estancia en Madrid (1888). Uns anos marcados pola actividade continua e que o levaron a ser detido por defender ao campesiñado que estaba a ser detido en Andalucía a causa da denominada “Mano Negra” ou a manter interesantes discusións con Pablo Iglesias Posse. 

No referente aos apéndices, no volume 3 o “Apéndice RicardoMellano I” complementa con documentación orixinal o dito no texto de “A Homenaxe a Mella” e, no volume 2, o “Apéndice Californiano: DOE Library” permite a libre descarga de varios xornais “capturados” na Universidade de Berkeley.

Deixa un comentario