ABSOLTAS AS 15 COMPAÑEIRAS DE NAIS CONTRA A IMPUNIDADE

Houbo que pelexar, pero despois de 7 anos de anos por fin absolveron as nosas compañeiras de Nais Contra a Impunidade.

O 12 de outubro de 2010 (cínico día da Hispanidade)  realizouse a tradicional concentración fronte a igrexa de Arteixo, para exixirlle a garda civil que nos explique como morreu Diego Viña o 22 de setembro de 2004 nos seus cuarteis de Arteixo.

A Benemérita, que non teñe medo ningún o ridículo, non dudou en poñer unha denuncia contra 15 compañeiras elexidas de forma bastante aleatoria, acusándolles de inxurias o corpo da Garda Civil, por berrar: “a garda civil tortura e asesina”. O Xuzgado do Penal nº 1 de A Coruña, nunha surrealista sentencia e amosando un descoñecemento preocupante da historia española (mira que o longo da nosa historia non morreu xente a mans destes sinestros personaxes!!) decidiu condear ós 15 imputados a unha multa de 720€ por cabeza (10 800€ en total) máis as costas xudiciais.

A indignación foi tan grande que algunha compañeira xa amosou a súa decisión de negarse a pagar a multa aínda que lle supuxera entrar 4 meses na cadea. Ó final e cando xa ninguén o esperaba, chegou a sentencia absolutoria da Audiencia Provincial. Unha sentencia bastante contundente na que afirma que todos os eslogáns berrados “se mantienen dentro del marco de libertad de acción social” e fai referencia expresa o contexto da concentración: “es un hecho notorio la apertura de diligencias penales por el fallecimiento de Diego en el Cuartel de la Guardia Civil de Arteixo (2004) y que seis años más tarde estas seguían abiertas(2010), y de ahí que la consigna que los acusados gritaron no pueda enjuiciarse sin tener en cuenta la situación en la que se encontraban familiares, amigos y vecinos del joven”, resumindo, que Franco xa morreu e aínda que os montaxes xudiciais seguen á orde do día, hai que currárselo un pouco máis. Está claro que algúns vivían mellor con  don Paquito (e iso que agora tampouco lles vai nada mal).

Contra esta denuncia non cabe recurso algún polo que o xuizo da vergoña xa rematou, pero a loita segue porque

NÓS SEGUIMOS QUERENDO SABER COMO MORREU DIEGO!!

BASTA DE REPRESIÓN!!

TODAS SOMOS AS NAIS CONTRA A IMPUNIDADE!!!

La imagen puede contener: 3 personas, personas sonriendo, texto

Deixa un comentario