Proxección de “Queridísimos verdugos” no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

Este xoves ás 20:00 continúan as actividades no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº 16, baixo, nos Mallos) coa proxección de “Queridísimos verdugos”, documental filmado de maneira clandestina en España a comezos dos anos 70 que indaga sobre a pena de morte, mostrando as particularidades do garrote vil, o que constitúe o fío condutor dunha exposición sutilmente subxectiva sobre o sinistro instrumento de execución. Para desenvolver esta idea, o director utiliza varias voces: a do poeda Claudio Rodríguez que conduce un texto en off que explica os rasgos da historia do garrote vil, complementando así fotografías e ilustracións. Outra voz é o triple relato de tres verdugos vivos que comparten as súas impresións, ideas e xuízos sobre o procedimento e os reos, as súas circunstancias e delitos que cometeron. Ésta é a singularidade que máis chama a atención, pois os verdugos, ou “funcionarios de Xustiza”, como prefiren calificarse, non só falan dos seus casos, senon de sí mesmos e dos motivos que lles levaron a realizar o seu traballo.

En estos relatos descubrimos os aspectos máis duros e negros da España profunda durante a posguerra española e a ditadura franquista. Os tres evidencias coas súas declaracións a miseria e a fame, a necesidade de sobrevivir e o analfabetismo dunha sociedade dominada pola falta de  liberdade e a inxustiza.

Duración: 110 min.
Director: Basilio Martín Patino

Deixa un comentario