Proxección e charla sobre realidades trans no Ateneo Libertario Xosé Tarrío

O venres 28 ás 20:00 no Ateneo Libertario Xosé Tarrío (Rúa La Paz nº 16, baixo, nos Mallos) proxectarase o documental “Testimonios trans”, que conta as experiencias de persoas trans sobre o paso pola Unidade de Identidade de Xénero de Barcelona. Tamén se fala do servizo Tránsit de Barcelona e sobre o que algunhas persoas trans contemplan como modelo de loita. O documental dura uns 30 minutos.

Depois tres activistas, dous deles do colectivo AmiZando, falarán sobre a súa situación política e legal, cales son os problemas que enfrontan, posibles solucións, etc. Tamén nos informarán sobre as UTIG (Unidades de Trastorno de Indentidade de Xénero) e por qué non queren que abran unha en Santiago.

Deixa un comentario