E tras do desaloxo do Escarnio…

Finalmente semella que o saldo represivo resultante das protestas contra o desaloxo do Centro Social Okupado Escarnio e Maldizer é de tres persoas detidas no transcurso das mobilizacións (unha na primeira e dúas na última), nove máis detidas días máis tarde ás portas das súas casas e outras dez identificadas pola investigación policial que aínda non foron levadas ante o xuíz. A isto habería que sumarlle as sancións administrativas contra xs identificados nas protestas que, a xulgar polas declaracións policiais aos medios de comunicación, poderían contarse por centos e superar os 150.000 euros no seu conxunto.

Durante a manifestación do propio día do desaloxo, a máis contundente e a única na que se produciron disturbios propiamente ditos, extrañamente só houbo unha detención (a dunha persoa que quedou inconcente ao comezar as cargas policiais).

As dúas seguintes detencións producíronse durante a okupación do colexio Peleteiro, na manifestación do día 10 de xuño en protesta contra o desaloxo do Escarnio, baixo cargos de «ocupación de inmoble e resistencia a axentes da autoridade».

Durante esa mesma xornada identificaron a 116 persoas no interior do colexio Peleteiro e a uns cuantos máis na sentada ás porta do mesmo; a policía cursou propostas de sanción administrativa contra todas elas. O alcance desta manobra represiva aínda queda por determinar, pero podería superar amplamente os cen mil euros.

Unha semana máis tarde outras 9 persoas (cinco en Compostela, dous en Coruña e dous en Ourense) foron detidas ao saír dos seus domicilios acusadas de «desordes públicos, atentado e manifestación ilegal». Era o resultado das investigacións policiais das fotos e vídeos dos disturbios do día do desaloxo do Escarnio. Outras dez persoas de diversos puntos de Galiza foron identificadas e requiridas no transcurso desas dilixencias, pero finalmente non pasaron a disposicción xudicial (o que non quere dicir que non poidan ser imputadas por carta no futuro).

E así anda o patio, este é o balance represivo das mobilizacións contra o desaloxo do C.S.O. Escarnio e Maldizer. Polo menos polo de agora, que as dilixencias non están pechadas e aínda poden sorprendernos con algunha das súas os nosos queridos sabuesos da brigada de información (sit! sit! dame a patiña!… moi ben!).

One thought on “E tras do desaloxo do Escarnio…

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.