San Xoán solidario na Insumisa coas represaliadas por apoiar ó Escarnio

Esta noite de San Xoán a partir das 03:00, despois de que desaloxen as praias debido as mareas vivas (por favor, non deixedes lixo por ahí) o CSO A Insumisa na Coruña abrirá as súas portas!
Poderedes disfrutar do seguinte:

-Pinchada de música variada (folk, balkan, punk, música ochentera, o que xurda…).
-Serviranse bebidas (recordade que se consumides alí estaredes axudando ás persoas detidas por apoiar un espazo como ese).

-Mesa de ping pong (para as deportistas e non tan deportistas).

-A partir das 06:00 pinchará Glitchgirl (Rave Hard Mode) Breakcore dnb, Hardstyle, Gabber…

Todos os beneficios recadados irán destinados a axudar a afrontar a represión contra as persoas detidas por apoiar o Escarnio.

Pasádevos e avisade á xente, que vai estar ben!

Deixa un comentario