MOI URXENTE:DETENCIÓNS EN CORUÑA E COMPOSTELA.

 

Está mañá producíronse polo menos 6 detencións de compañeirxs de Coruña e Compostela como consecuencia da manifestación en solidariedade co CSO Escarnio e Maldizer. O grupo de apoio xs detidxs de Coruña convocaron unha concentración fronte os xulgados as 16:30 horas. Prégase máxima difusión. Iremos informando de tódalas novidades.

A continuación poñemos o comunicado do grupo de apoio as detidas:

A REPRESIÓN FAINNOS MÁIS FORTES

Varias compañeiras foron detidas na mañá de hoxe na Coruña e Compostela, en relación a manifestación en solidariedade co desaloxo do CSO Escarnio e Maldizer. Enfróntanse ós cargos de manifestación ilegal, atentado e desordes públicas e non se descartan novas detencións.

As compañeiras detidas na Coruña pasarán a disposición xudicial esta tarde, por iso, dende o grupo de apoio de familiares e amigas, convocamos unha concentración solidaria e antirrepresiva ás 16:30 horas na porta dos xulgados da Coruña.

ESCARNIO SOMOS TODAS!!

SE TOCAN A UNHA, TÓCANOS A TODAS!!

Comunicado topado nas redes:

Multipliquemos a solidariedade!

Na jornada de hoje, dia 20 de junho, fôrom detidas ao longo de toda a manhá 10 pessoas em diferentes cidades do pais. Estas detençons estám relacionadas com a participaçom das detidas nas mobilizaçons solidárias com o Escárnio e Maldizer destas últimas semanas.

Estas novas açons represivas fam parte dumha campanha de medo e de criminalizaçom dos movimentos sociais e da nossa solidariedade. Procuram imobilizar-nos, frear as mostras de apoio, e conseguir via livre para reprimir-nos indiscriminadamente.

Ante isto, nós declaramos que nom imos calar. Que a solidariedade e os laços criados polo trabalho coletivo som muitos mais fortes do que os seus intentos de intimidaçom. Que se aumentam a violência, nós multiplicamos a solidariedade.

Por isto, convocárom-se distintas concentraçons para hoje dia 20 em várias cidades:

· A Corunha: às 16.30 nos julgados
· Compostela: às 20.30 na Praça do Pam
· Vigo: às 20.30 na Praça da Rainha
· Lugo: às 20.30 na Praça Maior
· Ourense: às 20.30 na Praça do Ferro
· A Guarda: às 20.30 na Praça do Reló
· Ferrol: às 20.30 diante da Fundaçom Artábria

Pedimos que se respeite a informaçom que saia por aqui, para nom dar lugar a confusons ou informaçons a meias provenientes dos falsimédios ou dos ruge-ruges. Também que se respeite o anonimato das pessoas detidas.

Liberdade e absolviçom para as detidas!

 

Deixa un comentario