Novidades na web Epifanias Libertarias

Espallamos as novidades do excelente traballo de investigación realizado por Iria Presa que nos achega a través do correo.

Como semella que a historia da descuberta do expediente de Manoel Antonio en Bilbao resulta incrible, din en actualizar a web cun apéndice documental que inclúe o expediente de José Pérez Gónzalez, curmán de Manoel Antonio, e máis unha escolma de recortes de prensa sobre a desparición da Escola e o traslado do seu material a Bilbao. Como guinda puxen tamén a libre descarga o Solidadridad Obrera de Vigo onde se recolle a fundación da Confederación Regional Galaica en 1922. Podedes visitar a web para saber máis:

https://iriaboomdias.wixsite.com/epifaniaslibertarias

Deixa un comentario